16.9 C
Santa Comba
miércoles, agosto 10, 2022

Castriz celebrou con éxito o seu torneo de fútbol-7

O campo de fútbol de San Pedro acolleu un torneo de fútbol-7 organizado pola S.D. Castriz que calificou de “éxito total” esta competición e quixo agradecer o apoio recibido:

”Moitísimas gracias a tódolos xogadores que participaron, ós patrocinadores que fixeron posible esta festa do fútbol afeccionado e, por suposto, ós voluntarios que botaron as dúas mans desinteresadamente”.

No aspecto competitivo o torneo foi gañado por Maderas Jesús Gómez que derrotou na final, por un marcador amplo ao Brasería Carballo.

Entrega trofeo a Brasería Carballo

O terceiro posto foi para “Xamonería” e o cuarto para o conxunto de Cervecería D´Mara. En total participaron 28 equipos. Ata cuartos de final chegaron Carballo Sala, Rambleta, Pizzería Muíño e Aston Birras.


O trofeo ao máximo goleador foi para Mario Rodríguez (Brasería Carballo), e o do porteiro menos goleado foi para Iván Baña(Maderas Jesús Gómez). Os trofeos foron cedidos por Electro Xallas Santa Comba.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,781SeguidoresSeguir
465SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos