Vinteoito equipos participan esta fin de semana no torneo de fútbol-7 organizado pola S.D. Castriz. Un dos equipos estará formado por mulleres, reforzadas por tres xogadores do equipo infantil do Xallas F.C. . Trátase de “El Juguetón”.
Os encontros comezarán a disputarse este sábado ás 9,30 da mañá e prolongaranse ata o domingo. Abrirán o torneo os emparellamentos La Pitusa – Baíñas e Veteranos Castriz- Tío Pancho.
Estes son os grupos
Grupo A – La Pitusa, Baíñas, Veteranos Castriz, Tío Pancho.
Grupo B- Pizzería Muiño, Ganadería Freire, Maderas Jesús Gómez, Alimentaria Pedro.
Grupo C- Joyería Romar, Recreativo de Juerga, Carballo Sala, Soneira F.C.
Grupo D- Raxería Carballo, Vodka Juniors, Mesi F.C., Mármoles Martínez.
Grupo E- Dudalk F.C., Rambleta, Coca Juniors, Talleres Express.
Grupo F- Santa Sabiña, A Xamonería, Talleres Francal, El Juguetón.
Grupo G- Cervecería D´ Mara , Aston Birras, Los Silvio Teams, Peña Galicia.
Hai premios para os catro primeiros clasificados. E tamén para o porteiro menos batido e para o máximo goleador.
El Juguetón
Ángel Varela, Alberto Jallas, e Iker García son tres futbolistas de categoría infantil que reforzarán a un equipo formado maioritariamente por mulleres: Xastia Domínguez, Andrea Barbeira, Lucía Iglesias, Alicia Rial, Michelle Rodríguez, María Rial, Laura García, Leti Fernández e Inés Pérez.Xogarán o seu primeiro partido ás 12 contra Talleres Francal.