4.4 C
Santa Comba
sábado, marzo 30, 2024

Mazaricos inaugurou o seu campo de tiro público

O Campo de Tiro de Mazaricos, o primeiro desta clase de carácter público en Galicia, abriu as súas instalacións por primeira vez a pasada fin de semana. Fíxoo cunha mañá de adestramentos o sábado 18 e unha competición de tirada o domingo 19. Na primeira xornada, cun tempo moi agradable, arredor dun cento de persoas visitou as instalacións, con ducias de participantes na sesión de adestramento. O domingo, a pesar do mal tempo, tamén se rexistrou unha participación notable de tiradores. Repartíronse máis de 15 premios.

Campo de tiro Mazaricos


As impresións entre as persoas participantes sobre as instalacións foron moi positivas. Así, tanto persoas afeccionadas como profesionais, coincidiron en subliñar a calidade das instalacións, cun campo resgardado do vento. Tamén salientaron a importancia de que unha entidade publica coma o Concello apoie e fomente este deporte na comarca.


Ata a xornada inaugural desprazáronse numerosos tiradores profesionais pola coincidencia da celebración do XXVII Campionato de Europa de Compak Sporting no campo Río Sar de Trazo. Todos valoraron moi positivamente este novo recurso deportivo que en adiante funcionará en Mazaricos.

Premios campo de tiro mazaricos


O campo será de uso público e abrirá todas as fins de semana do verán. Para participar, deberá adquirirse unha tarxeta de tirada nun dos locais colaboradores (Bar Casais, Bar Pedra do Ouro, Bar Rial, Campamento Corzón, Casa Chelo, Hotel O Curruncho dos López, Restaurante Virxe da O, Pizzería Pinocchio e MazDeporte).

As persoas sociais do Club de Tiro adquirirán unha tarxeta verde, e as personas non socias unha tarxeta azul. Posteriormente, deberá facer a súa reserva na web mazaricos.gal/deporte, seleccionando a data e hora de reserva. Accederá ao campo utilizando a súa tarxeta.

Premios campo de tiro de Mazaricos


O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Jorge Sanmartín, valorou moi positivamente a celebración desta primeira xornada de tiro e o feito de que Mazaricos conte cun recurso que o pon “no mapa do tiro deportivo en Galicia” e que funcionará como “un novo punto de atracción de visitantes e un lugar de lecer máis para veciñanza e turismo”.

Nota de prensa – Concello de Mazaricos

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos