16.1 C
Santa Comba
miércoles, septiembre 4, 2024

Adrián García:”Penso que podemos chegar lonxe nesta Copa da Costa”

O Capitán da Sociedade Deportiva Castriz, Adrián García Caamaño, afirma estar “encantado” co torneo copeiro, percibe que o equipo anda “enchufado” e pensa que poden facer un bo papel. De momento xa eliminaron a Corcubión e Mazaricos:”Penso que podemos chegar lonxe nesta Copa da Costa e demostrar o que valemos” asegura.

En declaracións a Radio Xallas 107.5 FM, dixo que “A Copa da Costa é unha competición moi bonita e no noso caso unha ilusión nova”. Lembra o “sufrimento” do partido no Novo Cubeleiro de Corcubión e a tarde máxica en San Pedro contra o Mazaricos. Vitoria con goles de Noly e do propio Adrián.

Adrián García Caamaño capitán do Castriz
Foto Laura Velo

Adrián García:»Estamos motivados»

“O presidente (Pince) dixo que nunca disfrutara tanto cun partido de fútbol” comentou o futbolista de Cuns , para exemplificar o que se vivira o pasado domingo.

“Foi un partido físico. Manexamos ben os seus contraataques, defendemos ben e houbo algo de sorte. Rematamos ben as ocasións”.

Destaca o “ambiente moi bo no campo” e tamén que as sorpresas que está habendo no torneo “motivan aos xogadores”. E as ganas que hai no equipo que adestra Miguel Chouza.

Próximo rival. O San Lorenzo en Verdillo

Agora toca afrontar os Cuartos de Final. A cita será no campo das Pedreiras en Verdillo. Domingo 19 de xuño ás 17h.

Do San Lorenzo opina que “é un rival moi difícil” que xoga nun campo de herba natural “e isto nótase moitísimo”, máis cando a S.D. Castriz non está afeita a estes terreos. Pero con todo iso, agardan poder superar esta eliminatoria. Nese caso o seguinte rival sairía da eliminatoria entre Monte Louro e Esteirana.

Enlace entrevista Adrián García en Radio Xallas – Desde minuto 67

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos