A SD Castriz logrou superar a primeira eliminatoria da Copa da Costa ao derrotar a U.D. Corcubión.En tres ocasións adiantouse o equipo xalleiro. Primeiro cun gol de Alberto Mata de cabeza(min 55), e despois cun tanto de falta directa de Iván Facal(min 85).
Os da vila de San Marcos empataron dúas veces, e na prórroga desequilibrou a balanza, Martín Gemelo.
“Perdín anos de vida” confesaba na sintonía de Radio Xallas o adestrador Miguel Chouza:“Creo que fomos superiores pero non fomos quen de materializar as moitísimas ocasións que tivemos”. Escoita aquí a entrevista desde o minuto 61.
Chouza valorou o traballo do equipo rival que xogou na casa:“Moi ben o Corcubión, un equipo moi intenso e coa afición apretando. Foi un digno competidor”.
”O Castriz está moi ben e nótase na intensidade dos adestramentos»
Unha Copa da Costa que xa está sorprendendo polo seu ambiente:“Este foi o meu primeiro partido da Copa da Costa e todo o que me falaron puidenno comprobar en primeira persoa. Teñen moitas esperanzas na Copa da Costa”.
Sen presións pero tampouco en plan tapado:”O equipo está moi ben e nótase na intensidade dos adestramentos.Están enchufados.Podemos gañarlle a calquera equipo pero tamén nos pode gañar calquera equipo que faga un bo partido”, apunta Miguel Chouza.
Polo momento para o equipo que preside Pince xa é “un premio” poder xogar un partido de copa na casa. Será a vindeira fin de semana contra o Mazaricos:”Vai a estar moi animado”, avanza o adestrador.