O campo de Fontenla converterase este sábado 30 de maio nun foco de atracción deportiva. Os cadetes xóganse a permanencia na liga Galega fronte ao Ribadeo a partir das 12,15 h. A tempada resólvese nun partido.
O adestrador, Adrián Corral, fixo un chamamento a través de Radio Xallas para que haxa unha presenza importante de público en Fontenla este sábado:“A ver se veñen animar”. Sen dúbida será un factor moi importante.
Xallas cadete motivado
“Chegamos á última xornada cun partido a vida ou morte. Espero que sala todo ben. Se gañamos seguiremos na Liga Galega Cadete” manifestou Corral, que afronta unha semana importante:”Hai que quitarlles peso e traballar pinceladas do que vimos facendo. Que o grupo estea contento e que vaia con gañas. Agora mesmo de motivación estamos ben. Tiñamos unha especie de semifinal en Amio e gañamos 2 a 4 e agora a final”.Antes xogarán os infantís B(10,00h), fronte ó Fátima.
Xallas Forza Verdes
Infantil campión de Liga
E o equipo infantil A, que acaba de proclamarse campión da liga da Costa, disputa agora a Copa o sábado en Fontenla (cuartos de final). Ás 17h contra o Cerqueda. A xornada de sábado no estadio xalleiro remata cun partido de xuvenís Xallas – Soneira (19,30h).E o domingo inician a fase de ascenso á Liga Galega cun partido no campo do Bertamiráns (12h)
“O balance é moi positivo. Non perdemos ningún partido. O ano pasado foi de adaptación e esta tempada foi o plus de ir a competir. E saeunos ben” comentou o adestrador Eloy García.
Tivo unha lembranza para o lateral Nico que se lesionou na última xornada. O obxectivo está cumprido pero os verdinegros non renuncian a nada e porán toda a carne no asador.
Os dous técnicos participaron nun faladoiro con Xosé Manuel Lema no espazo “Na Encrucillada” de Radio Xallas.