14.6 C
Santa Comba
jueves, septiembre 21, 2023

Mazaricos celebra a súa V Carreira Pedestre o domingo 8 de maio

A V Carreira Pedrestre de Mazaricos, integrada no circuíto de carreiras populares 'Correndo pola Costa da Morte' terá lugar o domingo 8 de maio a partir das 10.30 da mañá. O evento contará con seis  competicións distintas e será amadriñado pola atleta Teresa Castro Villaverde. 

O prazo da inscrición na carreira remata ás 23.59 horas do vindeiro domingo, 1 de maio. A inscrición ten un prezo de 8 €+1 €. As inscricións poden facerse na web www.correndopolacostadamorte.com. Parte da recadación irá destinada á loita contra o cancro, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro.

Tódalas categorías partirán do Campo da Feira da Picota. Ás 10.30 dará comezo a competición da categoría Alevín (nados de 2011 a 2012), Ás 10:45 partirán as e os corredores de Benxamín (nados entre 2013 e 2014), e ás 11h será a quenda da categoría Pitufo (nados entre 2015 e 2019). Ás 11:15 tocaralle ás persoas nacidas en 2006 e anteriores na categoría “3K contra o cancro”. Xusto a continuación, ás 11.:17h, partirán Infantil (nados de 2009 a 2010), Cadete (nados entre 2008 e 2009) e Xuvenil (nados de 2005 a 2006). Xa ás 12h partirá a categoría Absoluta 10K (persoas nadas en 2006 e antes). Hai tamén unha Fila 0 cuxa inscrición pode facerse cun importe mínimo de 1 €. 

A última edición desta carreira tivo lugar en 2019, sendo imposible a súa realización nos dous anos seguintes por mor da pandemia de COVID-19. 

FONTE CONCELLO DE MAZARICOS

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos