10.8 C
Santa Comba
miércoles, enero 22, 2025

O Keltoi de Vigo gaña en Mazaricos a I Copa da Asociación de Fútbol Gaélico

A I Copa da Asociación de Fútbol Gaélico celebrouse este sábado en Mazaricos coa vitoria final do Keltoi, procedente de Vigo, sobre o equipo Fillos de Breogán, da Coruña, na final celebrada no campo de fútbol de Pino de Val. Os partidos da copa celebráronse neste campo e no da Picota. 

Na Copa tomaron parte os Fillos de Breogán, Estrela Vermelha, Keltoi, Lume de Beltane, Cambados, Auriense e un combinado formado por xogadores do Irmandinhos e Herdeiros de Dhais. Foi organizada polo Mazaricos CF en colaboración co Concello. 

O concelleiro de Deportes, Jorge Villar, agradeceu a súa implicación aos equipos participantes e manifestou que “foi unha xornada moi agradable na que demos a coñecer un equipo distinto”. O edil adiantou que con esta copa veñen de asentarse as bases para desenvolver unha afección propia para este deporte en Mazaricos”.

O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, que asistiu á competición, agradeceu tamén a presenza de todos os equipos participantes e saudou iniciativas coma esta “que diversifican o mundo do deporte mazaricán”. 

Fonte- Concello de Mazaricos

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos