12.8 C
Santa Comba
miércoles, febrero 8, 2023

”Queremos dar continuidade ao proxecto de Severino Amarelle”

Uxía Parcero é una xogadora veterana de fútbol sala que leva uns anos militando no Viaxes Amarelle FSF – Concello de Santa Comba, que esta tempada xoga na primeira autonómica feminina. Aínda que o seu currículum é máis amplo.

Coñecida como “GE” explicou recentemente en Radio Xallas que “somos un equipo bastante compensado nunha liga provincial. Temos xente que xogou na Primeira División e isto nótase. Xuntamos individualidades e experiencia”.No oculta as previsións:“ Somos as claras favoritas desta Liga, pero non temos ningunha presión”.

Nin tampouco esquece ao benquerido fundador:”Queremos seguir dando continuidade  a este proxecto de Severino Amarelle. O clube nace cun equipo en Santa Comba e el sempre quixoi mantelo. Severino foi un referente no fútbol-sala e grazas a el moitas de nós podemos xogar ao fútbol-sala. Foi un fiel seguidor e un loitador  cando este deporte era algo estrano. Segue sendo o noso siareiro máis esixente e máis fiel”.

O Viaxes Amarelle FSF – Concello de Santa Comba continúa imbatido na competición con catro vitorias, despois de superar a domicilio ao Seguridade Galega (4-5) con goles de Nuria Paz(2), Lidia Paramos, e Violeta Pérez(2). Tamén xogaron Eva Lema, Sheila Gil, Elsa Souto, Tania Rodríguez e a propia Ge. Nuria Paz é a pichichi da Liga.

Esta foi a entrevista a GE en Radio Xallas- desde o minuto 33

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Deportes Deputación da Coruña
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,806SeguidoresSeguir
1,020SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos