8.7 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Melani Lois:”Nas probas estás con tensión ata o último momento. Sempre pode haber sorpresas”

Tres medallas de ouro era a colleita da xalleira Melani Lois Barcia no campeonato de España de Baile Deportivo. Na categoría absoluta de bailes caribeños por parellas con Alberto Martínez, en Salsa Shine (tamén absoluta) con Laura Marcote e no apartado de Salsa Shine  feminino absoluto individual.

Partía con sensacións positivas pero fíxolle moita ilusión xa que “é a primeira vez. Nunca quedara campioa de España en ningunha destas modalidades”.

ENTREVISTA MELANI LOIS- DESDE MINUTO 41 DESTE AUDIO

«Son bastante nervosa e levo mal o momento de entrar na pista»

Melani Lois falou en Radio Xallas sobre este deporte:”Sempre sabes como che sae pero depende dos xuíces. E estás con tensión ata o último momento e sempre pode haber sorpresas”.Recoñeceu que tiña gañas de competir e séntese contenta de que en Santa Comba haxa máis deportistas nesta práctica:”É unha ledicia que haxa diamantes por descubrir en Santa Comba”.

Contounos que “son bastante nervosa e levo mal o momento de entrar na pista” e tamén o hándicap que supón que non houbera ningunha competición en Galicia nos últimos tempos pola pandemia.

En breve volverá a competir, e neste caso, a defender os títulos acadados. A proba recente correspondía a edición de 2020 aprazada. E en xuño, de novo en terras alacantinas, haberá nova cita para a nosa deportista.”Renovar algún título sería unha auténtica marabilla”, comenta Melani. Estaremos atentos. Pero agora e nunca mellor dito “que nos quiten lo bailado”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos