10.3 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

Fernando Baña segue acadando éxitos

O deportista xalleiro Fernando Baña Amigo proclamouse subcampión galego absoluto de Taekwondo na categoría de menos de 68kg, no evento celebrado en Ourense.

Un meritorio premio acadado por un deportista de categoría iunior, que compite co clube Maniotas de Noia. Un símbolo de perseverancia e esforzo que segue dando boas novas ao concello de Santa Comba.

Logrou a “prata” logo de medirse na final a Edgar Batista Emboirik(Natural Sport Ribeira). O terceiro posto foi para Martín Conde Abad.

Fernando Baña segue adestrando. E acadando éxitos nuns tempos nos que a actividade deportiva estivo limitada. Desde aquí a nosa noraboa ao mozo do Busto, que volveu a competir e dun xeito moi notable. Parabéns Nando!!!

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos