Silvia Cancela Blanco, concelleira de deportes de Santa Comba. Audio coa entrevista a partir dom minuto 35.
A concelleira de Deportes do concello de Santa Comba, Silvia Cancela, amósase «moi contenta» e «satisfeita» co traballo desenvolvido no seu departamento e expresou a súa disposición a continuar. De feito recentemente como adiantaba en primicia este medio, decidiu integrase no Partido Popular porque «María Pose sempre apostou por min e gustoume o seu proxecto, e este ten que ser desde as filas do PP».
Nunha entrevista o pasado venres no programa «Na Encrucillada», Cancela falou sobre o proxecto «bastante polémico» da instalación de herba artificial no campo de Fontenla.»Nas escolas do Xallas hai 104 nenos que van entrenar a Castriz, e isto non implica beneficio a nadie. Pretendemos traer a eses nenos ao centro d santa comba para crear ambiente. Non podemos ter un campo de herba natural para xogar cada quince dias, os nenos teñen que estar en Fontenla» sinalou Silvia Cancela.
Melloras nas instalacións deportivas
No que respecta ao traballo neste mandato, lembrou as melloras das infraestruturas dos pavillóns de Traba e Fontenla, no campo de Estévez, na piscina municipal e tamén a habilitación dunha nova pista multideporte. Tamén salientou o éxito da Ruta BTT «Terras do Wolfram» e anunciou que se pretende levar a cabo unha carreira popular.
Silvia Cancela é directiva da Federación Galega de Fútbol:»É bo que o fútbol da costa teña voz e voto». Tamén puxo en valor o traballo dos directivos do fútbol modesto:»Deberíamos ser mais agradecidos coa xente que está nas directivas. Sen eles non existirían os clubs».