A concelleira de deportes de Santa Comba falou para Adiante Galicia.
P- Acabas de ser nomeada vocal da Federación Galega de Fútbol…
R- Foi unha sorpresa a chamada de Rafael Louzán. Para min é un orgullo e tamén moi importante que conten coa xente do fútbol da costa porque sempre fomos os grandes esquecidos.Louzán nos últimos anos volcouse moito e notouse. Espero non defraudar.
P- E que balance fas da túa xestión na concellería de Deportes de Santa Comba?
R- Sempre quedan cousas no tinteiro. Eu teño un proxecto bastante ambicioso que non se poido desenvolver en tres anos, pero creo que conseguimos bastantes cousas. Traballouse moito, no pavillón, na piscina e no campo de Fontenla. Son moitos nenos que van ao fútbol e o campo de herba artificial daralle un empuxe a Santa Comba e tamén movemento nos negocios do pobo.Neste goberno deixáronme traballar e a valoración que fago é positiva.
P- Porque se optou pola herba artificial para Fontenla?
R-Eu penso que é unha necesidade. O noso concello non se pode permitir ter un campo de herba natural para xogar cada quince días, cun mantemento que hai que facer cos poucos recursos que temos.É necesario que os nosos nenos estean en Santa Comba, porque repercute en todos. Penso que os pais me apoian moitísimo.Este é o mellor investimento que puiden facer. Co tempo toda a xente darase conta de que foi unha boa decisión.
P- Por certo, cando comezarán as obras?
R-Xa están co expediente e espero que pronto estea a obra en marcha
P- Tamén houbo críticas pola pista multideporte
R-A crítica pola crítica non me parece construtiva. Poden dicir que non lle gustan as cores pero estamos a falar dunha necesidade imperiosa. Fomos a Secretaría Xeral para o deporte e aprobaron esta instalación.Critican que pensamos no fútbol e facemos unha pista multideporte aberta para poidan ir todos os nenos e tamén hai crítica. Ogallá puidéramos ter dúas pistas máis no concello. Pero de momento houbo esta oportunidade e penso que debíamos centralizar nun lugar que foi revisado polos técnicos.
P- Santa Comba quedo usen o seu tradicional autocrós..
R-Tiven unha reunión coa directiva e optamos en non celebralo porque coa actual lei de espectáculos e eventos e practicamente imposible.Os terreos non son nosos e ninguén se vai a facer cargo dun evento que non é del.
P-Cales serían as súas prioridades en caso de seguir no posto…
R- Hai uns arranxos que se deberían facer no pavillón cuns aseos públicos, pero tamén na piscina. A piscina esteticamente necesita un cambio importante.Outra actuación sería tapar a pista de padel para que se poida xogar todo o ano. E adecentar, en xeral, toda a zona de Fontenla.E despois empezar a facer novas instalaciónsQueremos facer tamén melloras no campo de Estévez e no pavillón de Traba.Son ideas que están nun proxecto que fixen para ter unha liña de traballo e non andar dando tombos.
P-E difícil o entendemento coas entidades deportivas?
R-Eu pretendo estar aí sempre, porque paréceme que a labor que fan os clubs é moi importante. Sen eles sería imposible dar as disciplinas deportiva todas. Espero estar a altura e saben que contan co meu apoio.