5635 fans     1519 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Silvia Cancela:”A herba artificial de Fontenla é o mellor investimento que se pode facer”

Silvia Cancela:”A herba artificial de Fontenla é o mellor investimento que se pode facer”

Deportes | Publicada: 17/12/2018

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
2
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 5 minutos e 28 segundos.

A concelleira de deportes de Santa Comba falou para Adiante Galicia.

P- Acabas de ser nomeada vocal da Federación Galega de Fútbol…

R- Foi unha sorpresa a chamada de Rafael Louzán. Para min é un orgullo e tamén moi importante que conten coa xente do fútbol da costa porque sempre fomos os grandes esquecidos.Louzán nos últimos anos volcouse moito e notouse. Espero non defraudar.

P- E que balance fas da túa xestión na concellería de Deportes de Santa Comba?

R- Sempre quedan cousas no tinteiro. Eu teño un proxecto bastante ambicioso que non se poido desenvolver en tres anos, pero creo que conseguimos bastantes cousas. Traballouse moito, no pavillón, na piscina e no campo de Fontenla. Son moitos nenos que van ao fútbol e o campo de herba artificial daralle un empuxe a Santa Comba e tamén movemento nos negocios do pobo.Neste goberno deixáronme traballar e a valoración que fago é positiva.

P- Porque se optou pola herba artificial para Fontenla?

R-Eu penso que é unha necesidade. O noso concello non se pode permitir ter un campo de herba natural para xogar cada quince días, cun mantemento que hai que facer cos poucos recursos que temos.É necesario que os nosos nenos estean en Santa Comba, porque repercute en todos. Penso que os pais me apoian moitísimo.Este é o mellor investimento que puiden facer. Co tempo toda a xente darase conta de que foi unha boa decisión.

P- Por certo, cando comezarán as obras?

R-Xa están co expediente e espero que pronto estea a obra en marcha

P- Tamén houbo críticas pola pista multideporte

R-A crítica pola crítica non me parece construtiva. Poden dicir que non lle gustan as cores pero estamos a falar dunha necesidade imperiosa. Fomos a Secretaría Xeral para o deporte e aprobaron esta instalación.Critican que pensamos no fútbol e facemos unha pista multideporte aberta para poidan ir todos os nenos e tamén hai crítica. Ogallá puidéramos ter dúas pistas máis no concello. Pero de momento houbo esta oportunidade e penso que debíamos centralizar nun lugar que foi revisado polos técnicos.

P- Santa Comba quedo usen o seu tradicional autocrós..

R-Tiven unha reunión coa directiva e optamos en non celebralo porque coa actual lei de espectáculos e eventos e practicamente imposible.Os terreos non son nosos e ninguén se vai a facer cargo dun evento que non é del.

P-Cales serían as súas prioridades en caso de seguir no posto…

R- Hai uns arranxos que se deberían facer no pavillón cuns aseos públicos, pero tamén na piscina. A piscina esteticamente necesita un cambio importante.Outra actuación sería tapar a pista de padel para que se poida xogar todo o ano. E adecentar, en xeral, toda a zona de Fontenla.E despois empezar a facer novas instalaciónsQueremos facer tamén melloras no campo de Estévez e no pavillón de Traba.Son ideas que están nun proxecto que fixen para ter unha liña de traballo e non andar dando tombos.

P-E difícil o entendemento coas entidades deportivas?

R-Eu pretendo estar aí sempre, porque paréceme que a labor que fan os clubs é moi importante. Sen eles sería imposible dar as disciplinas deportiva todas. Espero estar a altura e saben que contan co meu apoio.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

 En Marea pide que se faga cumprir a concesión a Ferroatlántica

En Marea pide que se faga cumprir a concesión a Ferroatlántica

Luís Villares: "Ferroatlántica é unha empresa viable e a factoría de Cee especialmente polo que non podemos permitir…

Ler máis
Mónica Rodríguez:”Hai indicios dunha probable fenda no Goberno local e Antelo debe despexar a incógnita”

Mónica Rodríguez:”Hai indicios dunha probable fenda no Goberno local e Antelo debe despexar a incógnita”

Non se celebraron as dúas últimas xuntas de goberno local.   A candidata socialista a alcaldía de Vimianzo, M…

Ler máis
El Gran Fondo Ézaro se presenta en Fitur como el espectáculo ciclista más importante de Galicia

El Gran Fondo Ézaro se presenta en Fitur como el espectáculo ciclista más importante de Galicia

El Gran Fondo Ézaro, un evento con repercusión internacional y con más de 1.500 participantes. El pabellón de…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Enova Energia
Autos Xallas
Galicia Calidade de Lecer 2018
Concello de Coristanco
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Sobre as consecuencias de ser o Reino de España un protectorado de Bruselas

Álvaro Rodríguez

Os voceiros de ideoloxía  liberal de España, nun insólito ataque de sinceridade e claridade recoñecen que a súa política económica, tras a ces…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

"En Marea é un Big Mac"

Daniel Lago

En Marea enganou aos seus votantes. En Marea foi como essa hambúrguer da foto da publicidade do McDonald’s: uma foto vibrante mas logo quando abres…

Daniel Lago
Ler máis

Propósitos de año nuevo

Lidia Rial

El comienzo de un año nuevo, nos invita a echar la vista atrás para valorar cómo nos ha ido en el 2018 y así, plantearnos que queremos mejorar o c…

Lidia Rial
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información