13.6 C
Santa Comba
miércoles, abril 24, 2024

Veciños de Entrecruces expresan o seu rexeitamento aos proxectos éolicos no pleno de Carballo

“Non podemos apoiar un proxecto para crear máis enerxía cando este só vai traer un impacto negativo para a nosa zona e para a xente que nela vive” manifestan os veciños desta parroquia carballesa.

Un grupo de veciños de Entrecruces solicitou no pleno de Carballo o apoio dos grupos políticos deste concello para que se inste á Xunta á non aprobar e a revisar os proxectos dos parques eólicos do Campelo, O Bustelo e Monte Toural e tamén das Liñas de Alta Tensión O Campelo-Mesón do Vento. 

José Antonio España foi o encargado da lectura dun texto na sesión plenaria no que asegurou que non estaban en contra das enerxías renovables “pero iso non significa que estemos a favor da destrución do rural”.

Afeccción ambiental, social e económica dos viraventos

Entre os seus argumentos destacan as afeccións ambientais “con especies protexidas como a Centaurea Ultreia, que en todo o mundo só medra nesta zona e está recollida no catálogo de especies protexidas coa categoría de en perigo de extinción”. E tamén as afeccións sociais xa que consideran que “estas instalacións alteran o noso modo de vida e, o que é peor, a nosa saúde”.

Tamén inciden na proximidade dos muíños ós núcleos habitados e o ruído e o “zumbido continuo” que deberían de soportar e que exerce un efecto nocivo sobre a saúde. Tamén perciben afeccións económicas e contan “cunha previsible perda do valor do monte, e coa destrución de postos de traballo vinculados á agricultura”.

Fotos- Concello de Carballo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos