Máis de 200 nenos participaron nesta actividade organizada polo concello de Cee.
Máis de 200 nenos e nenas pasaron polas diferentes «estacións» dos clubes do municipio dende ás 11:30 ata as 14:00 horas, amosando que a actividade física e deportiva está «viva» no concello de Cee.
O club de baloncesto ACB Costa da Morte, o club de atletismo A.D. Olimpia, o club Fútbol Sala Femenino Villa de Cee, o Club Ciclista Cee e o Club Cee Deportes de Contacto ofertaron diversas actividades e saíron ás rúas para amosar o bo traballo que están a facer nos últimos anos, que animando así aos máis pequenos.
Dende o Servizo de Deportes do Concello de Cee, queren agradecer a todas as entidades que tomaron parte nesta edición polo seu traballo e compromiso, e que demostran a súa capacidade organizativa. Ao mesmo tempo tamén agradecer a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cee, que en todo momento estiveron pendientes atendendo pequenos percances propios deste día (caídas,…)
Info- Servizo de Deportes do concello de Cee
Fotografías- Rafa Quintáns