Víctor Garrido, nova fichaxe do Balonmán Xallas.
Víctor Garrido Torres(O Grove, 1991) é o novo director deportivo do Balonmán Xallas, Con anterioridad estivo vencellado ao Balonmán Rasoeiro, o Asmubal Meaño e a selección galega feminina.
A partir de xullo coordinará as distintas categorías e formará aos adestradores da entidade verde. Segundo a directiva é “unha aporta pola profesionalidade dun técnico xove, con ilusión, con formación e que ven a Santa Comba cunha maleta chea de ideas”.
Asemblea o venres
O vindeiro venres o Balonmán Xallas celebra unha asamblea no multiusos a partir das 21:30h e que consideran de importancia polos asuntos que se van a tratar, como son os relacionados co estado de contas do club, os cambios da xunta directivas ou os proxectos e previsións para a vindeira tempada.
Boas novas
O Balonmán Xallas segue dando boas novas. Recentemente tres membros da canteira entraron nas convocatorias da selección galega para os combinados provinciais.
Brais Rodríguez Rial e Nerea Varela Balsa foron seleccionados para a selección alevín mixta da Coruña e Raquel Vilariño Ares, para a infantil feminina.