11.1 C
Santa Comba
domingo, abril 7, 2024

Dumbría acolle a primeira fase do campionato Galego sub 12 de fútbol

Trescentos deportistas daranse cita nas instalacións do Conco.

A Federación Galega de Fútbol escolleu o campo de fútbol do Conco, no concello de Dumbría, para celebrar a primeira fase do campionato galego de seleccións comarcais sub 12 de fútbol que terá lugar o vindeiro mércores 6 de decembro.

O vicepresidente da Federación galega de fútbol, Juan Villamisar, asistiu á presentación do evento acompañado polo alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño e polo presidente do C.F. Dumbría, César Ferrío, entidades que colaboran coa organización, que corresponde ao ente federativo.Tamén asistiron o director da escola galega de adestradores,Manuel Mosquera, o delegado da federación na costa, Manolo Corredoira e varios membros do goberno local.

“Pensamos en facelo na Costa da Morte e o sitio adecuado era Dumbría” sinalou Villamisar que comentou que “sempre me chamou a atención as boas instalacións que tiña o concello de Dumbría”.O alcalde José Manuel Pequeño sentiuse “encantado” da elección e agarda que o 6 de decembro “a xente se acerque ao Conco” e “sexa un día festivo na Costa da Morte”.Tamén puxo en valor que isto supoña o debut do combinado da comarca.

Participarán as seleccións de Costa da Morte, Santiago, Ourense, Lugo, Vigo, A Coruña e Pontevedra, en categoría masculina e tódalas anteriores excepto a da Costa da Morte, en categoría feminina.Ademais presentouse un curso de monitor de fútbol sala que se desenvolverá en Dumbría no mes de xaneiro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos