5.2 C
Santa Comba
sábado, diciembre 2, 2023

Fin de semana co balonmán como protagonista en Santa Comba

Esta vindeira fin de semana Santa Comba acolle a Fase de ascenso a División de Honra infantil feminina de balonmán. 

Durante a presentación que tivo lugar na Casa do Pozo, o presidente do Balonmán Xallas, David Barbeira, quixo agradecer “moitísimo” ao concello de Santa Comba a axuda para a celebración deste torneo “xa que está ao cen por cen connosco” e destacou o esforzo tanto da alcaldesa, María Pose, como da concelleira de deportes, Silvia Cancela, como dos traballadores municipais. Tamén mencionou aos patrocinadores que apoian ao club e a todos que fan posible que “as nenas poidan cumprir este soño”. E convidou ao equipo infantil a “disfrutar” desta experiencia deportiva.

En idéntica liña se expresou o directivo da Federación galega, Bruno López:”Isto é mérito do clube e do concello e espero que sexa o primeiro de moitos eventos que se celebren en Santa Comba”. López destacou que este torneo “ten moita transcendencia a nivel galego” e animou aos aficionados a asistir ós encontros.

Pola súa banda a concelleira de deportes, Silvia Cancela Blanco, ratificou  o apoio municipal e dixo que a pesar dos erros que puidera haber, porían todo o esforzo nesta actividade, co ánimo de seguir colaborando con entidades coma o Balonmán Xallas.

 

Horario dos encontros no pavillón de Fontenla

 

Venres 31 de marzo

Camariñas-Tui – 19:00h
Lavadores- Xallas- 21:00h

 

Sábado 1 de abril

Lavadores-Tui- 16:00h
Xallas-Camariñas 18,00h

 

Domingo 2 de abril

Camariñas-Lavadores -10:30h
Tui-Xallas- 12:15h.

 

 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos