2.9 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Santa Comba abre a tempada galega do autocross

Os pilotos queren iniciar o campionato sumando os puntos en xogo no circuito da Chousa dos Toxos, en Santa Comba.

XXXIII Autocross de Santa Comba

O circuito da Chousa dos Toxos, na zona de  Marlán volve a ser o punto de partida do campionato galego de Autocross. A XXXIII proba que se celebra baixo o traballo intenso da Escudaría Esa Motor-Amigos do Motor co apoio do concello de Santa Comba.

Será este sábado 18 de marzo. As probas clasificatorias terán lugar a partir das 12,30 do mediodía e posteriormente as semifinais e as finais poderán verse desde as 15:30h.

É a primeira das nove citas dun campionato que se disputará posteriormente nas localidades de Arteixo, O Castro, Carballo, e Viduedo, con dúas probas en cada circuito.

Pilotos destacados que non se perden a cita

O presidente da escudaría Esa Motor, Silvio Antelo, confirmaba esta mañá que xa estaba “todo preparado” para poder asistir a apertura do calendario nunha zona con moita tradición. Participarán máis de 30 pilotos nas categorías de máis de 1.600c.c. e Kart Cross.

Hai vinte inscritos en máis de 1.600cc. Entre eles os tres primeiros clasificados do ano pasado Mario Rios, Celestino Iglesias Cores e Alfonso Castro, así como o subcampión de menos de 1600cc, Daniel Castro. 

O piloto de Desguaces Tino Racing, Iglesias Cores acabou primeiro en menos de 1600cc e segundo en máis de 1600c. Tamén estarán en Santa Comba o veterano Diego Mantiñán co seu Opel Tigra e o piloto local Bruno Almeida.

Polo que respecta ao Kart Cross hai 22 participantes, entre eles dous destacados do ano pasado, o subcampión Joaquín Chamorro e Daniel Mariño. Ambos forman parte da escudaría carballesa Máis Motor.

Polo tanto a emoción está asegurada e o día será propicio no eido climatolóxico. Agárdase unha boa afluencia a esta carreira inaugural do campionato.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos