10.8 C
Santa Comba
domingo, abril 7, 2024

A tope con Bruno Almeida e Jenni Chao

Adiante Galicia acompañará ao piloto xalleiro Bruno Almeida e a copiloto Jenni Chao no RallyMix de Santa Comba. Non participaremos na carreira (mellor así) pero o noso logotipo estará esta fin de semana no seu BMW Compact e36 323ti.

Toda unha honra para esta redacción que o nome de Adiante Galicia viaxe con esta parella de deportistas apaixonados, que esta fin de semana deberán poñer o broche a unha boa tempada, na súa terra, na proba que organiza Esa Motor-Amigos do Motor, HC Competición e o concello de Santa Comba e na cal participan 39 vehículos.

Teñen ao alcance da man o subcampionato galego na agrupación V, pero a marxe disto xa nós comentaba Bruno esta semana nunha entrevista que está moi ilusionado con poder correr no concello de Santa Comba

Toda a información sobre o RallyMix Terra de Xallas nesta ligazón

Desde Adiante Galicia toda a enerxía e todo o ánimo para os nosos campións.

Dálle Bruno, veña Jenni!!!!

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos