10.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

O Soneira non acusa as baixas ante o Bertamiráns B

Un serio Soneira, con moitas baixas, é máis líder logo de vencer merecidamente a un Bertamiráns “B” nun partido que dominou en case toda a totalidade e no que debutaron Curra e os cadetes Álex Martínez e Edgar.

David Castro (@DavidCastro27)

Soneira SD 3 – 1 Bertamiráns FC “B”

Soneira SD: Bonano, Figueroa, Fran de Urroa, Alberto, Jota, Mayor, De La Sierra (Curra m.74), Darío (Sandelo m.69), Nazo (Álex Martínez m.86), Javi, Vía (Edgar m.90).

Bertamiráns FC “B”: Souto, Esteiro (Jaime m.68), Aitor, Conde (Íñigo m.81), Meijide, Mateo, Rouco, Carlos, Jimmy, Miguel e Cohen.

Goles: 1-0 m.5: De La Sierra 1-1 m.8: Jimmy; 2-1 m.30: Vía; 3-1 m.70: Sandelo.

Árbitro: Martín García Gómez (Colexio coruñés). Regular.

Campo: Municipal de Vimianzo (Vimianzo). Uns 100 espectadores.

Saída en tromba do Soneira que xa puido adiantarse nos primeiros minutos do partido pero nin Nazo nin De La Sierra acertarían de cara a portería en dúas claras ocasións.

O dominio dos homes de Manolito era tan claro neste comezo do encontro que o gol era cuestión de minutos e finalmente sería De La Sierra o que poñería por diante aos seus cun auténtico golazo desde a frontal da área.

Pero pouco duraría a alegría para os vimianceses xa que tres minutos despois chegaría o empate a un logo de que Jimmy enviase o balón ao fondo das mallas un centro raso de Carlos.

Tras esto, a igualdade foi a tónica predominante do encontro e a pesar disto, ambos equipos tiveron opción para adiantarse no marcador pero Souto evitaría o gol no man a man con Nazo, Bonano faría o propio, con dificultades, tras un libre directo de Miguel e Javi pecaría de egoísta ao finalizar fóra unha transición cando tiña ao seu compañeiro Nazo mellor posicionado para facer o gol.

Manolito mandaría aos seus dar un paso adiante e os soneiráns voltarían a levar o peso do encontro e poñerían o 2-1 no marcador logo de que Vía materializase unha contra de libro do conxunto vimiancés.

Antes do tempo de lecer, os visitantes reclamarían unha posible pena máxima sobre Jimmy que o colexiado non señalou.

Á volta dos vestiarios, o Soneira dominou e marcou o ritmo do partido en todo momento, algo que fixo que os homes de Manolito contasen con varias ocasións para finiquitar o encontro.

Logo dun erro da defensa visitante, Javi contaría cunha gran ocasión pero o “10” soneirán non escollería a mellor opción e precipitaríase ao rematar arriba un pase de Vía cando estaba De La Sierra en mellor posición para facer o gol.

Tras esto, o Bertamiráns “B” daría a reposta cun libre directo de Miguel que atallaría Bonano sin problemas.

O Soneira mostrábase moi serio en defensa e non daba moitas facilidades a un conxunto visitante que sufría coas constantes embestidas dos vimianceses, o que obrigaba a Souto a empregarse a fondo para manter aos seus no partido e evitar o gol de Vía, tras un gran centro de Figueroa, cunha espectacular intervención.

Un minuto despois, os locais contarían cunha dobre ocasión pero primeiro Souto despexaría o disparo de Figueroa e logo o remate final de Javi marcharíase por riba do longueiro.

No minuto 70, chegaría a sentencia do Soneira cun golazo dun Sandelo que entrou ao terreo de xogo e bicou o santo ao convertir o primeiro balón que tocaba no 3-1.

Pouco despois, o Bertamiráns “B” contaría unha gran oporuntidade para meterse de novo no encontro pero Carlos enviaría o esférico fóra no man a man con Bonano e prácticamente na seguinte xogada Souto salvaría o cuarto dos vimianceses no man a man con Nazo.

O tramo final do encontro foi un quero e non podo constante do conxunto visitante que tan só inquietaría a Bonano cun libre directo de Miguel que despexaría o gardameta local con dificultades.

Ademáis nestes minutos finais, Manolito faría debutar aos cadetes Álex Martínez e Edgar. Outro que tamén debutaba hoxe co Soneira era Curra, xogador do Castrelo, filial do conxunto vimiancés.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos