10.2 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

O Ponteceso FSF resolve o pase á final na segunda metade.

O Ponteceso FSF pelexará polo título de campión da I Copa da Costa de fútbol sala feminino logo de superar con solvencia ao AD Atletes de Esteiro.

David Castro (@DavidCastro27)

Concello de Ponteceso FSF 9 – 2 AD Atletes

Concello de Ponteceso FSF: Melani, Ana, Carla, Carmen e Zeltia (cinco inicial). Tamén xogaron: Elsa, Salomé, Chus, Martina, Noa e Isa.

AD Atletes: Mariña, Sara, Ana, Bárbara e Antía (cinco inicial). Tamén xogaron: Marta, Alba, Sandra, Cris.

Goles: 1-0 m.1: Carmen; 1-1 m.4: Carla en propia porta; 2-1 m.6: Carla; 3-1 m.12: Chus; 4-1 m.23: Elsa (p); 5-1 m.24: Martina; 6-1 m.25: Carla; 7-1 m.25: Noa; 8-1 m.33: Salomé; 8-2 m.34: Bárbara; 9-2 m.35: Ana.

Árbitro: Moreira Fernández (pista) e Barrós Naveira (crono). Estiveron ben.

Pavillón: Municipal de Corme (Corme) con 50 espectadores nas bandadas.

Aos vinte segundos de partido, chegaba o primeiro gol do encontro logo de que un centro chut de Carmen sorprendese a Mariña, un tanto que poñía con vantaxe no marcador ao conxunto anfitrión, un equipo que puido aumentar a súa renda dous minutos máis tarde pero a gardameta visitante evitaba que o disparo de Carmen se convertise en gol.

Pouco despois disto, chegaría o gol do empate do Atletes nunha xogada desafortunada para as pontecesanas na que Carla introducía o balón na súa propia portería.

As ocasións seguíanse sucedendo e Carmen, a primeira goleadora desta I Copa da Costa de fútbol sala feminino, seguía buscando o seu dobrete pero Mariña evitaríao de novo.

Carla logo se repoñería do gol en propia porta e poñería ao seu equipo de novo por diante ao finalizar unha gran xogada combinativa das locais.

Un minuto despois, a piques estivo o Atletes de facer a igualada pero primeiro Melani evitaría con dificultades que o disparo de Bárbara se convertise en gol e no rexeite Antía non acertaría de cara a portería.

A partir desta ocasión, o Ponteceso daría un paso á fronte e as ocasións para as rapazas de Curro serían practicamente constantes pero o pau evitaría o gol de Elsa e pouco despois, primeiro o longueiro e logo Mariña evitarían que Martina puxese o 3-1 no marcador, un gol que chegaría a falta de oito para o descanso logo de que Chus sorprendese a Mariña, a mellor xogadora do conxunto esteirán, cun disparo lonxano.

Tras esto, o Ponteceso puido ampliar a súa renda no marcador pero Elsa, Ana, Carmen e Zeltia, esta última en dúas ocasións, foron capaces de superar a unha inmensa Mariña que mantivo ás súas no partido.

Mentres que por parte das esteiranas, Bárbara en tres ocasións e Alba, puideron recurtar distanzas no instantáneo pero ningunha delas puido superar a Melani, polo que se chegaría co 3-1 ao descanso.

Á volta dos vestiarios, Elsa, Martina, Carla e Noa anotarían catro goles en dous minutos e firmarían a sentencia do partido, un encontro que perdiu intensidade logo disto.

A falta de sete minutos para o final, Salomé faría o oitavo gol a pracer para o cadro de Curro logo de aproveitar un rexeite da gardameta visitante tras un man a man con Zeltia.

Pouco despois, Bárbara faría o segundo gol para as súas cun disparo cruzado co que superaría a Isa.

Ana faría o definitivo 9-2 ao transformar un libre directo.

Nos minutos finais, o protagonismo sería para Isa, a porteira pontecesana, que evitaría o gol de Bárbara nun man a man e logo evitaría que Antía e a propia Bárbara fixesen o terceiro das esteiranas, dende o punto de dobre penalti.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos