3128 fans     1119 seguidores     38 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez

O Fisober loitará co Ponteceso FSF pola I Copa da Costa FSF

O Fisober loitará co Ponteceso FSF pola I Copa da Costa FSF

Deportes | Publicada: 17/01/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 27 segundos.

Un serio Fisober superou a un Villa de Cee, que non contou con demasiadas ocasións de gol, nun encontro no que o colexiado tivo un protagonismo innecesario.

David Castro (@DavidCastro27)

FSF Villa de Cee 0 – 4 Fisober FSF

FSF Villa de Cee: Carla, Alba, Adriana, María Dumbría e Andrea (cinco inicial). Tamén xogaron: Vanessa, Paula, María Lijó, Marta, Lucía e Serena.

Fisober FSF: Leti, Ana, Fandiño, Mai e Inés (cinco inicial). Tamén xogaron: Noelia, Tamar, Nuria, Ale, Andrea Piroja e Antía.

Goles: 0-1 m.7: Fandiño; 0-2 m.16: Marta en propia porta; 0-3 m.22: Noe; 0-4 m.25: Noe.

Árbitro: Moreira Fernández (pista) e Barrós Naveira (crono). Non estiveron acertados.

Pavillón: Municipal de Corme (Corme) con 75 espectadores nas bandadas.

Comezou o partido con moita intensidade por ambas partes pero as ocasións brillarían pola súa ausencia.

Nestes primeiros minutos ningún dos dous equipos era quen de facerse co dominio do encontro, ata que no primeiro achegamento de perigo, Fandiño poñía o 0-1 ao transformar un libre directo.

Tras este gol, o Fisober fíxose co control do partido e Tamara contaría con dúas ocasións casi consecutivas para aumentar a renda no marcador para as súas pero primeiro Carla e logo o pau evitaría o gol da vimiancesa.

Pouco despois, Noe avisaría das súas intencións cun disparo que enviaría Carla a córner.

Dous minutos máis tarde, Marta introduciría o balón na súa propia porta logo dun centrochut de Fandiño, un tanto que supoñería o 0-2.

Practicamente na seguinte xogada, Andrea contaría coa primeira ocasión para o seu equipo do partido pero o disparo da ceense acabaríao despexando Leti.

No tramo final deste primeira metade, ambos equipos puideron mover o marcador pero nin Nuria, por parte do Fisober, nin Adriana polo Villa de Cee, serían quen de facer o gol.

Á volta dos vestiarios, Noe sentenciaría o encontro con dous goles nos primeiros cinco minutos da segunda parte.

Tras esto, o partido perdería intensidade debido á vantaxe que tiñan as vimiancesas e a que as ceenses se deixaron ir.

Habería que esperar aos últimos seis minutos de encontro para ver algo de emoción nos cales as ocasións se sucederían para ambos conxuntos pero Serena, María Dumbría, Adriana e Andrea, estas dúas últimas en dúas ocasións, non serían quenes de facer o gol da honra das ceenses e por parte do Fisober, nin Nuria nin Alejandra serían quen de batir a Vanessa, polo que as rapazas de Fran Pioto se clasificarían para a final tras superar ás súas rivais por 0-4.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

“Se ninguén quere mollarse de verdade, presentarei a miña dimisión"

“Se ninguén quere mollarse de verdade, presentarei a miña dimisión"

O presidente de Neria, Javier González, comprométese a dimitir se en quince días non se encontra unha solución no co…

Ler máis
Mazaricos contacta con turoperadores en FITUR

Mazaricos contacta con turoperadores en FITUR

El ayuntamiento de Mazaricos quiere aprovechar esa ventana promocional abierta el mundo que es la Feria Internacional de…

Ler máis
O PP de Mazaricos acusa ao alcalde de “saltarse a lei"

O PP de Mazaricos acusa ao alcalde de “saltarse a lei"

Nico Martínez queixase dos contratos menores do goberno local e lamenta que o goberno “se poña nervioso cada vez que…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
OndaHit
Liga Fútbol Sala Santa Comba
Auto Xallas 2017
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Un novo modelo de empresa?

Natalia Lema Otero

Din os expertos ou mesmo os tecnócratas máis asentados neste eido que nos encontramos ante unha revolución tecnolóxica. Quizais ese sexa o noso po…

Natalia Lema Otero
Ler máis

Poca sabiduría

Nacho Louro

Hay un refrán que solemos mentar y utilizar a menudo para expresar que cuando cometemos un  error, siempre existe una oportunidad para enmendarlo; …

Nacho Louro
Ler máis

A COVA DE ALÍ-BABA

Daniel Lago

Pois está a coisa a ser bem curiosa. O frio siberiano, por uma deslocação do vórtice polar, mais ao sul do que vem sendo normal, tem a Europa toda…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información