3120 fans     1117 seguidores     38 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez

O Cairo volve a disfrutar

O Cairo volve a disfrutar

Deportes | Publicada: 03/01/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 7 minutos e 6 segundos.

O Corme conseguiu volver a mostrar a súa mellor imaxe para remontar o tanto inicial de Charro e para facer disfrutar de novo aos seus afeccionados do fútbol tan atractivo ao que os tiñan acostumbrados nas últimas tempadas e conseguírono facer ante un rival directo pola permanencia como é o Malpica.

David Castro (@DavidCastro27)

Corme CF 4 – 1 SCD Malpica

Corme CF: Suso, Brais Torrado, Dani, Miguel Torrado, Adolfo (Joshua m.76), Eloy, Brais, Lucas, Adrián Doldán (Alejandro m.82), Diego (Sueiro m.71), Toniño (Josiño m.79).

SCD Malpica: Víctor, Dímaga (Adrián Rey m.79), Carlos, Kike, Moscoso, Roi, Rubén (Sergio m.40), Eme (Vitalie m.76), Petís, Maradona e Charro.

Goles: 0-1 m.28: Charro; 1-1 m.30: Adrián Doldán; 2-1 m.52: Diego; 3-1 m.71: Lucas (p); 4-1 m.81: Josiño.

Árbitro: Adrián Pérez Rellán (Colexio coruñés) auxiliado por Francisco José Angueira García e José Luis García Amado.

Campo: O Cairo (Corme). Uns 200 espectadores.

O Corme intentou levar a iniciativa dende o primeiro minuto de partido pero un ordenado Malpica non lle dou facilidades para ilo e a igualdade reinou na primeira media hora de xogo pero a pesar desto, os cormeláns contarían con ata tres oportunidades para poñerse por diante pero primeiro Toniño finalizaría unha boa combinación cun disparo que se marchou fóra por pouco, logo Kike sería providencial no cruce para evitar o gol do propio Toniño tras unha internada de Lucas e por último sería Adrián Doldán o que buscaría o gol cun libre directo pero o lanzamento do “8” azulón marcharíase rozando o pau.

O centrocampismo sería a tónica predominante neste treito inicial pero ao fío da media hora de partido adiantaríase o equipo visitante na primeira ocasión dos malpicáns logo de que Charro aproveitase un libre directo para batir a Suso e poñer o 0-1 no marcador.

Pero pouco duraría a alegría no bando malpicán xa que tan só dous minutos despois, Adrián Doldán aproveitaba un erro do meta visitante para marcar a pracer e poñer o empate no instantáneo. 

A raíz de este gol, o Corme dou un paso á fronte para comezar a dominar o encontro e as ocasións para os locais foronse sucedendo nos minutos finais da primeira metade pero primeiro Kike evitaría in extremis o gol de Lucas cando xa se cantaba o gol e logo Víctor salvaba aos seus en dúas oportunidades casi consecutivas de Diego.

Á volta dos vestiarios, o Corme volviu a mostrar a súa mellor versión e o Cairo convertiuse nunha auténtica festa mentres tanto, o Malpica de Chema Rivadulla intentaba parar as continuas embestidas dos cormeláns como podía.

Nos minutos iniciais desta segunda metade, o conxunto da vila do Roncudo dáballe a volta ao marcador logo de que Diego materializase unha gran xogada combinativa dos locais.

Tras esto, o Malpica buscaba a reacción aproveitando que estaba xogando a favor de aire e a igualada dos visitantes puido chegar cun potente disparo de Carlos que atallou Suso con dificultades en dous tempos, pero esto foi só un espellismo e o Corme comezou a desplegar o seu mellor fútbol, trenzando xogadas moi bonitas e nunha destas chegaría o penalti do que foi obxecto Lucas e que el mesmo transformaría para poñer o 3-1 no marcador.

Tan só dous minutos despois, Charro puido meter ao Malpica de novo no encontro pero Suso salvaría o gol no man a man co capitán malpicán.

Antes de ser substituído, Toniño puido facer a sentencia pero Víctor gañaríalle a partida no man a man e finalmente sería Josiño, substituto do “9” cormelán, o encargado de firmar a sentencia ao materializar unha espectacular xogada combinativa do Corme tras un gran centro do cadete Eloy.

Nos minutos finais, o último goleador da tarde puido ampliar a súa renta goleadora tras aproveitar un erro de Moscoso para plantarse diante de Víctor pero o seu remate final foise fóra cando xa se cantaba o gol nas bancadas.

Tres puntos importantísmos que conseguiu o Corme nun intenso derbi que se decantou a favor dos cormeláns a raíz do empate e no que ata ese momento reinou a igualdade.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

El PSOE de Santa Comba renueva su ejecutiva

El PSOE de Santa Comba renueva su ejecutiva

Jessica Antelo y Carlos Turnes sustituyen a Miguel Caamaño y Avelino Espasandín. El objetivo es la mayoría absoluta e…

Ler máis
Vimianzo cuenta con 15 molinos centenarios

Vimianzo cuenta con 15 molinos centenarios

Reportaje de Rafael Lema sobre los molinos ya recogidos en el Catastro de Ensenada de 1752, en el municipio de Vimianzo.…

Ler máis
Caravaning o el placer de un viaje ecológico y sin ataduras

Caravaning o el placer de un viaje ecológico y sin ataduras

Los viajes en autocaravana están de moda. El crecimiento de esta opción de viaje ha provocado que a lo largo y ancho d…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
OndaHit
Liga Fútbol Sala Santa Comba
Auto Xallas 2017
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

GOODBYE MR. PRESIDENT

Daniel Lago

Neste novo mundo, onde há muitas coisas a mudar, e a mudar rapidamente, temos que podemos defrontar-nos a um novo marco definitório do que é que a …

Daniel Lago
Ler máis

Os escritores que triunfan e os críticos que fracasan

Óscar de Souto

Para o común dos mortais hai dúas clases de escritores: os que publican en papel e son recoñecidos e os escritores fracasados, asi de sinxelo, triu…

Óscar de Souto
Ler máis

“Façamos de 2017 um ano de Paz"

Daniel Lago

Assim é que começou o primeiro dia de ano o António Guterres. Um secretário geral das Nações Unidas sabedor do mundo em conflito que está por v…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información