8.6 C
Santa Comba
sábado, febrero 14, 2026

Cambio de líder na Liga da Costa

O Bergantiños non pasou do empate na Terceira División, o Paiosaco segue sendo o único equipo invicto na Preferente, chegou a primeira derrota do Soneira da tempada na Primeira Rexional, o Sporting Zas é o novo líder da Liga da Costa e o Corcubión volve a abrir oco na Terceira Rexional.

Redacción (@AdianteGalicia)  Fotos: SD Camelle e SD Sofán

Na Terceira División, un Bergantiños que mostrou unha gran imaxe na Senra non pasou do empate ante o Ribadumia nun partido no que os carballeses contaron con varias ocasións claras de gol para levarse a victoria pero os vermellóns non foron quen de materializalas e finalmente acadaron un punto que sabe a pouco e que non lle sirve para saír dos postos de descenso.

O Paiosaco segue invicto na Preferente Norte logo de empatar co Chantada, no partido que enfrontaba aos reis da igualada da categoría. Os verdibrancos viron como se lle escapaban dous puntos no tramo final de liga cando os chantadinos fixeron o gol do empate.

Pola súa banda, o Laracha viu como Pupo lle servía de revulsivo ao Sporting Sada para facer os dous goles do seu equipo nos últimos minutos de partido. Dous tantos que cortan a boa xeira de resultados do conxunto larachés.

O Dumbría segue en liña ascendente e esta xornada acadou un valiosísimo empate ante o Castro, un conxunto que realizou un gran comezo de liga. Os dumbrieses suman tres xornadas consecutivas puntuando e fruto disto, os homes de José Canosa comezan a saír dos postos perigosos da clasificación.

Unha zona na que segue o Xallas tras encadear a súa terceira derrota consecutiva ante o potente Bertamiráns, nun partido con pouca historia e que tivo como gran protagonista ao ex xogador dos verdes, Adrián Beiroa, autor dun hattrick.

Na Primeira Rexional, chegou a primeira derrota do Soneira e foi no Conchido ante o Outes nun encontro que se decidiu cun solitario gol de Yago Dosil no tramo final da primeira metade. A pesares do resultado, os soneiráns seguen no máis alto da clasificación cun colchón de catro puntos sobre o segundo clasificado. No que respecta aos homes de Manu Roque, o equipo da Serra volviu á senda da victoria logo de cinco derrotas consecutivas.

O Sofán sumou unha nova victoria que lle permite colocarse a dous puntos do segundo clasificado. Sufriu máis do esperado o equipo de Josito pero finalmente un solitario gol de Iván Rey e unha gran solvencia defensiva serviulle aos sofanistas para traerse os tres puntos do campo do colista.

Pola súa banda, o Malpica reencontrouse coa victoria tras unha mala xeira de resultados e fíxoo ante o Val do Ulla, un recén ascendido que está realizando un gran comezo de liga. Os homes de Chema Rivadulla foron capaces de remontar o tanto inicial dos visitantes para volver á senda da victoria.

No Platas Reinoso cumpriuse o dito de entrenador novo, victoria segura e os baieses superaron ao filial do Bertamiráns por un claro 3-0 que fai que os branquiazuis salgan dos postos de descenso.

Mentres tanto, o Corme cun gol de Lucas no tramo final de partido salvou un punto ante un Agolada que leva catro xornadas sen coñecer a derrota.

Cambio de líder na Liga da Costa, logo de que o Ponteceso se viuse superado no Ara Solís polo Fisterra nun partido no que Adrián Mackaay e a colexiada María Eugenia Gil Soriano foron os grandes protagonistas do encontro, o primeiro polo seu hattrick e a segunda pola súa actuación desastrosa.

Esta derrota aproveitouna o Sporting Zas para subir ao primeiro escalón da clasificación logo de superar a un Cerqueda que segue competindo en todos os partidos pero que non acaba de dar coa tecla para que ese bo nivel mostrado no terreo de xogo se convirta en victorias, aínda que esta semana non era nada fácil superar a un dos galos da categoría e que ademáis se está mostrando moi sólido co paso das xornadas.

O Baíñas recupera a terceira praza da clasificación logo de golear ao Porteño no Municipal de Vimianzo. O conxunto verde abriu fenda no marcador con dous goles dende o punto de penalti ante un equipo que tivo unha bagaxe practicamente nula en ataque.

Pola súa banda, un mermado San Lorenzo reencontrouse coa victoria tras superar nas Pedreiras con goles de Fuentefría e Juni a un Ameixenda que está a firmar un gran comezo de tempada.

Mentres tanto, o Mazaricos séguese mostrando moi sólido e xa son cinco victorias consecutivas as que suma o conxunto de Néstor logo de derrotar esta semana ao Cabana, colista da categoría.

No que respecta ao Castriz, os xalleiros salvaron un punto no tramo final do encontro ante o Coristanco cando Álex Flores facía o definitivo empate a dous. 

No derbi muradán que enfrontaba a Volantes de Baño e Esteirana, finalmente foi o cadro azulgrana o que se levou o gato á auga nun partido no que os de Esteiro foron superiores.

O Cee abre unha importante fenda cos postos de descenso logo de superar a un Buño que pagou caro a súa falta de gol e que segue en serios problemas .

Pola súa banda, un Camariñas, que acarreaba unha mala xeira de resultados con cinco derrotas consecutivas, volviu á senda da victoria tras superar ao Carnota nun partido vistoso.

Na Terceira Rexional, o Corcubión é máis líder logo de golear ao Sporting Seaia nun partido que se decidiu nunha segunda metade na que os corcubioneses pasaron por riba dos malpicáns. A maiores da victoria do equipo de Emilio Corzón, hai que sumar o empate do Laxe no Municipal ante o Camelle nun partido bastante tenso que se resolveu con catro expulsados, dous por equipo.

Pola súa banda, o Muxía conectou cos equipos de cabeza logo de que dous goles de Peski certificasen a remontada dos muxiáns ante un Castrelo que encadea dúas derrotas seguidas.

Por último, o Lira sumou o seu primeiro punto da tempada ante un Nantón que igualaría o gol inicial de Santi a falta de vinte minutos para o final do encontró.

TERCEIRA DIVISIÓN

CD Ribadumia 2 – 2 Bergantiños CF

PREFERENTE NORTE

UD Paiosaco 1 – 1 SD Chantada

CF Dumbría 1 – 1 CD Castro

Bertamiráns FC 5 – 1 Xallas FC

Sporting Sada 0 – 2 Laracha CF

PRIMEIRA REXIONAL

Corme CF 1 – 1 SD Agolada

Outes FC 1 – 0 Soneira SD

SD Carcacía 0 – 1 SD Sofán

CD Baio 3 – 0 Bertamiráns FC “B”

Malpica SCD 3 – 1 Val do Ulla UD

LIGA DA COSTA

UC Cee 2 – 0 Buño SCD

Camariñas FC 3 – 2 UD Carnota

Cabana SD 0 – 5 Mazaricos CF

UD Cerqueda 2 – 3 Sporting Zas

Volantes de Baño FC 1 – 3 SD Esteirana

SD Fisterra 4 – 2 Ponteceso SD

SD Castriz 2 – 2 SD Coristanco

CD Baíñas 5 – 0 CF Porteño

SD San Lorenzo 2 – 0 SD Ameixenda

TERCEIRA REXIONAL

SD Laxe 1 – 1 Camelle SD

UD Corcubión 5 – 0 Sporting Seaia CF

CF Castrelo 1 – 2 Muxía CF

Lira CF 1 – 1 CD Nantón

Descansou UD Montelouro

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos