Varios equipos do fútbol costeiro están a ter un prácido inicio de liga pero moitos outros comezan a sentir eses nervios que chegan cando non se empeza a sumar os puntos necesarios para cumprir os obxectivos marcados.
Redacción (@AdianteGalicia)
Na Terceira División, o Bergantiños visita o sempre difícil campo da Senra para enfrontarse ao Ribadumia do eterno goleador Changui e conseguir unha victoria que lles permita saír dos postos de descenso.
O Paiosaco quere seguir soñando na Preferente Norte e esta xornada buscará o triunfo ante o Chantada para sumar tres puntos que lle permitan seguir invicto e asaltar o liderato da categoría.Pola súa banda, o Laracha intentará acadar a súa cuarta victoria consecutiva nun ante un complicado Sporting Sada. Os laracheses queren gañar para seguir subindo postos na clasificación.
Mentres tanto, o Dumbría quere seguir coa súa boa xeira de resultados e encadear tres triunfos consecutivos para saír dos postos de descenso. Para ilo, terá que superar a un doído Castro que chega a esta xornada despois de dúas derrotas seguidas.No que respecta ao Xallas, o conxunto verde visita a un Bertamiráns que se está mostrando moi sólido no seu campo, onde aínda non perdiu ningún partido, pero os homes de Iván Cancela viaxan ao Municipal de Bertamiráns co obxectivo de conseguir os tres puntos.
O Soneira quere seguir comandando á Primeira Rexional coa solidez mostrada ata o de agora e non quere perder a súa condición de invicto. Esta xornada mídese a un Outes que chega moi necesitado de puntos logo de encadear cinco derrotas consecutivas. Pola súa banda, o Sofán viaxa a Carcacía para enfrontarse ao último clasificado da categoría pero a pesares desto, os homes de Josito saben que as confianzas nesta liga non son boas e afrontan este encontro con todo o necesario para non verse sorprendidos.
Mentes tanto, o Malpica recibe a un Val do Ulla que pese a ser un recén ascendido estase a mostrar coma un dos favoritos para pelexar polos postos de privilexio da clasificación. Os malpicáns queren volver á senda da victoria e recompoñerse da dura goleada sufrida a pasada xornada ante os do Val do Ulla.O Corme recibe a un irregular Agolada nun partido no que os cormeláns queren sumar tres puntos que os alonxe da zona perigosa da clasificación e que lles axude a afrontar as vindeiras xornadas de liga dunha forma máis positiva.Outro tanto que os da terra do Roncudo espera facer o Baio. Despois da marcha de Óscar Suárez, e baixo a dirección puntual de Pastoriza, os baieses reciben a un Bertamiráns B que é capaz do mellor e do peor e que chega a este encontro logo de tres xornadas sen coñecer a derrota.
O Ponteceso e o Sporting Zas queren seguir abrindo a fenda co grupo perseguidor pero saben que non será doado conseguilo. Os pontecesáns visitan o Arasolís unha das prazas máis difíciles de torear da Liga da Costa, mentres que os homes de Víctor Pazos visitan a un Cerqueda que está competindo moi ben en todos os partidos sin diferenciar que sexa o rival.
Pola súa banda, o grupo perseguidor quere achegarse ao dous primeiros clasificados e para ilo necesitan sumar os tres puntos nos seus respectivos partidos. O San Lorenzo recibe a un Ameixenda que quere seguir soñando esta tempada, o Baíñas enfréntase a un necesitado Porteño no Municipal de Vimianzo, o Castriz buscará que os tres puntos queden en San Pedro no derbi por cercanías ante o Coristanco. e o Mazaricos quere prolongar a súa xeira de victorias e para ilo terá que superar a un Cabana que quere deixar o último posto da clasificación.
O morbo desta xornada estará servido no derbi muradán, no que se enfrentan Volantes de Baño e Esteirana co propósito da victoria aínda que ambos conxuntos teñen, agora mesmo, obxectivos distintos.No Sampaio dos Refoxos, Cee e Buño disputarán un encontro que se depara moi igualado. Mentres tanto, o Camariñas e o Carnota buscarán unha victoria no partido de necesitados desta xornada
.
Na Terceira Autonómica, o Laxe quere asaltar o liderato. Para ilo, os homes de Adrián García terán que superar a un difícil rival como é o Camelle e, ademáis, esperar o pinchazo do Corcubión ante un Sporting Seaia que non dá arrancado.
Por outra banda, o Castrelo quere voltar á senda da victoria ante un Muxía que busca seguir subindo postos na clasificación.
Mentres tanto, un Lira que aínda non puntuou no que vai de tempada quere acadar os seus primeiros puntos ante un Nantón que non está a pasar polo seu mellor momento no que vai de liga.Esta xornada tócalle descansar ao terceiro clasificado, o Montelouro.
TERCEIRA DIVISIÓN (Domingo 8 de novembro)
CD Ribadumia – Bergantiños CF, ás 17.00h na Senra (Ribadumia)
PREFERENTE NORTE (Domingo 8 de novembro)
Sporting Sada – Laracha CF, ás 16.00h nas Mariñas (Sada)
CF Dumbría – CD Castro, ás 16.30h no Conco (Dumbría)
Bertamiráns FC – Xallas FC, ás 16.30h no Municipal de Bertamiráns (Bertamiráns)
UD Paiosaco – SD Chantada, ás 17.00h na Porta Santa (Paiosaco)
PRIMEIRA REXIONAL (Domingo 8 de novembro)
Corme CF – SD Agolada, ás 16.15h no Cairo (Corme)
SD Carcacía – SD Sofán, ás 16.15h en Mirarríos (Carcacía)
CD Baio – Bertamiráns FC “B”, ás 16.15h no Platas Reinoso (Baio)
Malpica SCD – Val do Ulla UD, ás 16.15h na Pedra Queimada (Malpica de Bergantiños)
Outes FC – Soneira SD, ás 17.00h no Municipal de Conchido (Serra de Outes)
LIGA DA COSTA (Domingo 8 de novembro)
Camariñas FC – UD Carnota, ás 16.15h no Hermanas Patiño (Camariñas)
Volantes de Baño FC – SD Esteirana, ás 16.15h no Eleuterio Balayo (Muros)
CD Baíñas – CF Porteño, ás 16.15h no Municipal de Vimianzo (Vimianzo)
SD San Lorenzo – SD Ameixenda, ás 16.15h nas Pedreiras (Verdillo)
UC Cee – Buño SCD, ás 16.30h no Sampaio dos Refoxos (Cee)
Cabana SD – Mazaricos CF, ás 16.30h nas Redondas (Cabana de Bergantiños)
SD Fisterra – Ponteceso SD, ás 16.30h no Arasolís (Fisterra)
UD Cerqueda – Sporting Zas, ás 17.00h en Xaviña (Buño)
SD Castriz – SD Coristanco, ás 17.00h en San Pedro (Castriz)
TERCEIRA REXIONAL (Sábado 7 e domingo 8 de novembro)
SD Laxe – Camelle SD, sábado 7 ás 16.15h no Municipal de Laxe (Laxe)
UD Corcubión – Sporting Seaia CF, sábado 7 ás 16.15h no Novo Cubaleiro (Corcubión)
CF Castrelo – Muxía CF, sábado 7 ás 17.00h no Municipal de Vimianzo (Vimianzo)
Lira CF – CD Nantón, domingo 8 ás 16.15h no Municipal de Lombáns (Carnota)
Descansa UD Montelouro

