Iván Rey voltou a casa esta tempada tras un breve paso polo Club do Mar de Caión.
Este talentoso futbolista é un xogador de recursos, cunha gran calidade e ademáis disto, o rapaz de Guntián conta cunha gran virtude e que é moi valorada no fútbol como é a polivalencia, algo que fai que sexa un fixo todos os domingos no once inicial de Josito e Pirucho.
Ademáis esta tempada, Iván Rey debuta como adestrador logo de facerse cargo do equipo prebenxamín da SD Sofán, formando tándem con Jacobo Boedo, ex xogador do conxunto carballés.
David Castro (@DavidCastro27)
P- Tras un breve paso polo Club do Mar de Caión, como está sendo a túa volta ao Carral?
R- Ben, máis que adaptado. A directiva e afición, como non, xa as coñecía e a maioría dos compañeiros tamén. Todo rodado.
P- Que diferencias notas entre o grupo 2 da Primeira Rexional, no que milita o Sofán, e o grupo 1 no que competiches a pasada tempada co Club do Mar?
R- Pois diferencias futbolísticas poucas, onde si que se nota é no número de afeccionados que a siguen, dá gusto xogar cas gradas repletas de xente, e incluso nas saídas por norma xeral adoita haber bastante xente vendo e animando dende fóra.
P- Moitos coñecedores da liga danvos coma un dos candidatos ao ascenso á Preferente Norte, que obxectivo vos marcades dentro do vestiario?
R- Ascender son palabras maiores, sempre é moi dificil. Pero eu creo que o obxectivo irémolo marcando nós ca nosa progresión. Somos unha plantilla completa e amplia, e calquera que entra o campo mantén o nivel do que sae. Por eso mesmo, se conseguimos chegar aos últimos partidos no grupo de arriba, por suposto que o imos intentar (risas).
P- É tan difícil como din ser profeta na terra ou para ti está sendo máis fácil xogar onde ti naceches?
R- Eu creo que nin é máis fácil nin máis difícil. Estou cómodo e síntome valorado na casa. Que máis se pode pedir?
P- A vindeira fin de semana visitades ao último clasificado da categoría, o Carcacía. Como afrontades este encontro?
R- Eu prefiro non mirar a clasificación demasiado e afrontar todos os partidos igual, se te confías, perdes, nós a polos 3 puntos, con todo.
P- No que respecta a ti, que esperas aportar persoalmente para acadar o obxectivo marcado polo equipo?
R- Pois con todo o que poida, se non son goles ou asistencias, que sexa traballo, sacrificio e participación. O bonito é xogar. Como xogo en varias posicións, cada día toca aportar cousas distintas.
P- Como estás levando a túa nova faceta de adestrador?
R- Pois como son principiante, estou aprendendo eu máis que os nenos, pero velos mellorar día a día é moi gratificante. Está sendo unha bonita experiencia.
P- Con respecto ao fútbol base, que opinas do gran traballo que estades a realizar no Sofán?
R- Pois a vista está, que crear canteira é bonito e non só canteira, senón futbolistas e afección ao mesmo tempo. Eu xa che digo da miña xeración e aínda te podes ir uns anos para adiante e outros para atrás son o único rapaz de Sofán que xoga a esto. É incríble pero certo, quizáis se esta plataforma existise antes, non sería o único nin de broma. Verase como nas vindeiras xeracións o raro será que non xoguen ao fútbol. Aparte disto, toda a labor social que realiza a directiva é impagable.