Soneira e Ponteceso buscarán conservar o liderato nas súas respectivas ligas mentres que o Paiosaco na Preferente, Sporting Zas, Baíñas e San Lorenzo na Liga da Costa e Laxe e Montelouro na Terceira Rexional intentarán dar caza aos líderes da súas respectivas competicións.
David Castro (@DavidCastro27)
En Terceira División, o Bergantiños buscará acadar a súa segunda victoria consecutiva. Os carballeses reciben a un mermado Barco co obxectivo de que os tres puntos queden en As Eiroas para comezar a sacar a cabeza a flote.
O Paiosaco quere seguir sendo o único equipo invicto da Preferente Norte e para ilo buscará traer os tres puntos de Castro Riberas de Lea.
Pola súa banda, o Laracha intentará acadar a súa terceira victoria consecutiva ante un Atlético Riveira que leva dúas xornadas sen coñecer a derrota.
Mentres tanto, o Xallas recibe ao Sporting Sada en Fontenla nun partido no que os xalleiros intentarán volver á senda da victoria.
Polo que respecta ao Dumbría, o equipo de José Canosa visita o sempre difícil campo de Cantarrana para enfrentarse ao Viveiro co obxectivo de acadar a súa segunda victoria consecutiva.
O Soneira, líder da Primeira Rexional, quere seguir coa súa boa dinámica e para ilo buscará o triunfo ante o Carcacía.
No derbi costeiro da xornada, Sofán e Corme enfrentaranse no Carral nun partido no que ambos conxuntos buscarán volver á senda da victoria.
Pola súa banda, o Malpica visita ao Flavia, segundo clasificado, co propósito de asaltar o Municipal do Souto e reencontrarse coa victoria catro xornadas despois.
Outro tanto quere conseguir o Outes, xa que leva unha traxectoria idéntica aos malpicáns. Os pupilos de Manu Roque visitan ao Palmeira co obxectivo claro de acadar un triunfo que corte a súa mala xeira de resultados das últimas xornadas.
Mentres tanto, o Baio viaxa a Valga para enfrentarse ao Cordeiro, terceiro clasificado da categoría, coa intención de sumar os tres puntos en xogo.
O Ponteceso, líder da Liga da Costa e único equipo invicto da categoría, recibe no Pinguel a un Volantes de Baño que vén en liña ascendente.
Mentres tanto, o Sporting Zas recibe ao último clasificado, o Cabana, nun partido no que se enfrentan dous equipos con obxectivos totalmente opostos.
Pola súa banda, o Baíñas quere acercarse ao liderato e para ilo buscará sorprender a un Ameixenda que está a realizar un gran comezo de liga.
Polo que respecta ao San Lorenzo, os de Verdillo visitan o campo de Xaviña para enfrentarse a un Buño que está de capa caída.
Castriz e Mazaricos buscarán seguir coas súas xeiras de victoria. Para ilo, os xalleiros queren acadar a súa terceira victoria ante o Porteño de Pupus na Grixa. Mentres que os mazaricáns intentarán que o Peña do Ouro siga sendo un fortín para eles ante un Camariñas que quere reencontrarse coa victoria.
Pola súa banda, o Fisterra quere seguir sumando de tres en tres e para ilo intentará sorprender ao Coristanco na Rocheira.
Mentres tanto, a Esteirana recibe ao recén ascendido Cerqueda. No Xosé Luis Vara enfrentanse dous equipos con traxectorias moi similares.
Por último, o Carnota buscará sumar a súa segunda victoria consecutiva ante un Cee que quere reencontrarse co triunfo.
Na Terceira Rexional, o Laxe buscará sorprender ao Sporting Seaia na Pedra Queimada para acercarse ao liderato, aproveitando a xornada de descanso do Corcubión.
Pola súa banda, o Montelouro tamén quere poñerse a tiro do líder e para ilo buscará sumar os tres puntos ante o Nantón nas Fontiñas.
Mentres tanto, Camelle e Castrelo enfrentanse no Rodeiro nun partido que seguramente será moi disputado.
Polo que respecta ao Muxía, o equipo de Manín recibe a un Lira que aínda non puntuou no que vai de tempada.
TERCERA DIVISIÓN (Domingo 1 de novembro)
Bergantiños CF – CD Barco, ás 17.00h nas Eiroas (Carballo)
PREFERENTE NORTE (Sábado 31 de outubro e 1 de novembro)
Viveiro CF – CF Dumbría, sábado 31 de outubro ás 16.30h en Cantarrana (Viveiro)
Laracha CF – Atlético Riveira, sábado 31 de outubro ás 18.15h no Municipal de Laracha (A Laracha)
Xallas FC – Sporting Sada, domingo 1 de novembro ás 16.00h en Fontenla (Santa Comba)
CD Castro – UD Paiosaco, domingo 1 de novembro ás 16.30h no Municipal de Castro (Castro Riberas de Lea)
PRIMEIRA REXIONAL (Domingo 1 de novembro)
Flavia SD – SCD Malpica, ás 16.15h no Municipal do Souto (Padrón)
SH Palmeira – Outes CF, ás 16.15h en Ventín (Palmeira)
Cordeiro CF – CD Baio, ás 16.30h no Municipal de Valga (Valga)
Soneira SD – SD Carcacía, ás 16.30h no Municipal de Vimianzo (Vimianzo)
SD Sofán – Corme CF, ás 16.30h no Carral (Sofán)
SEGUNDA REXIONAL (Domingo 1 de novembro)
Mazaricos CF – Camariñas FC, ás 16.15h no Peña do Ouro (Pino do Val – Mazaricos)
SD Ameixenda – CD Baíñas, ás 16.15h no Sampaio dos Refoxos (Cee)
UD Carnota – UC Cee, ás 16.30h no Municipal de Lombáns (Carnota)
SD Esteirana – UD Cerqueda, ás 16.30h no Xosé Luis Vara (Esteiro)
CF Porteño – SD Castriz, ás 16.30 na Grixa (Ponte do Porto)
Sporting Zas – SD Cabana, ás 17.00h en San Andrés (Zas)
Ponteceso SD – Volantes de Baño, ás 17.00h no Pinguel (Ponteceso)
SD Coristanco – SD Fisterra, ás 17.00h na Rocheira (Coristanco)
Buño SCD – SD San Lorenzo, ás 17.00h en Xaviña (Buño)
TERCEIRA REXIONAL (Sábado 31 de outubro e domingo 1 de novembro)
Camelle SD – CF Castrelo, sábado 31 de outubro ás 16.30h no Rodeiro (Camelle)
Sporting Seaia – SD Laxe, domingo 1 de novembro ás 16.15h na Pedra Queimada (Malpica de Bergantiños)
CD Nantón – UD Montelouro, domingo 1 de novembro ás 16.15h nas Fontiñas (Nantón)
Muxía CF – CF Lira, domingo 1 de novembro ás 16.15h no Municipal de Arliña (Muxía)
Descansa UD Corcubión