7.5 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

Victoria agridoce do Soneira no Cairo

Basti e Vía cos seus respectivos dobretes firmaron a remontada do líder deste grupo 2 da Primeira Rexional sobre un Corme que comezou gañando cun gol de penalti dun Alejo que acabou lesionado no xeonllo esquerdo posiblemente de gravidade.

David Castro (@DavidCastro27)

Corme CF 1 – 4 Soneira SD

Corme CF: Suso, Diego (Eloy Villar m.46), Dani (Brais Torrado m.80), Jesús, Toniño (Adolfo m.71), Sergio Sueiro (Alejandro m.46), Juan Chans, Adrián Doldán (Josiño m.64), Alejo, Lucas e Brais Corral.

Soneira SD: Anxo, Figueroa, Pichi, Alberto, Maikel, Sandelo (Mayor m.66), De La Sierra (Nazo m.75), Richi (Darío m.59), Basti, Javi, Vía (Óscar m.80)

Goles: 1-0 m.3: Alejo (p); 1-1 m.18: Vía; 1-2 m.20: Basti; 1-3 m.68: Basti; 1-4 m.79: Vía.

Árbitro: Rodríguez Penas (Colegio coruñés). Non gustou ao equipo local. Amonestou a Dani, Juan Chans, Jesús e Alejandro por parte do Corme, e aos soneiráns Alberto, Vía e De La Sierra. Expulsou ao adestrador local Miguel Torrado por dobre amonestación no minuto 57.

Campo: O Cairo (Corme). Uns 250 espectadores.

Chegaba o líder ao Cairo sabendo que non os cormeláns non lle ían poñer as cousas nada fáciles e máis difíciles se lle puxeron cando Alejo transformaba unha pena máxima cometida polo gardameta soneirán Anxo sobre Juan Chans.

A pesares de comezar por detrás no marcador, o conxunto que dirixen Manolito e Roland Caamaño fíxose co dominio do balón e intentou crear perigo cun fútbol de toque moi atrevido.

Un minuto despois do gol, Figueroa estivo a piques de facer o empate cun centro que se envelenou e acabou rexeitando o longueiro da portería defendida por Suso.

Ante as constantes embestidas do conxunto visitante, o Corme intentaba sorprender aos soneiráns á contra, algo totalmente inusual no equipo azulón.

No minuto 8, Basti tivo empate tras un centro de Figueroa pero o remate do dianteiro visitante foise por riba da portería local. 

Pouco despois desto, os xogadores do Soneira reclamarían unha posible pena máxima de Jesús sobre Vía, que o colexiado non señalaría.

Os soneiráns seguían levando o peso do encontro e podíase ver que antes ou despois ía chegar o gol do empate e finalmente o Soneira remontaría o gol inicial dos cormeláns en dous minutos. Primeiro, Vía aproveitaría un balón rexeitado da defensa para sacar un disparo cruzado que superou a un Suso que nada puido facer para evitar a igualada. E dous minutos despois, tras un gran centro dun activo Figueroa que foi dos mellores do Soneira, Basti faría o 1-2 a pracer.

Tras esto, Vía intentaría aumentar a renta dos soneiráns cun libre directo pero Suso atallaría o balón sen problemas.

Despois desto, o encontro entrou nunha fase na que as alternancias no dominio foron constantes e as ocasións de gol nulas ata o tramo final desta primeira metade que foi cando o Corme dou un paso adiante en busca do empate.

Antes de poñer rumbo aos vestiarios, Alejo tivo dúas oportunidades para facer o empate en dous contragolpes pero primeiro unha gran intervención de Anxo e logo un providencial Maikel evitaban o gol do “9” cormelán e consecuentemente, a igualada.

Á volta do descanso puidese ver unha versión máis habitual do Corme pero a escasa profundidade nos seus ataque non lle permitiu contar con moitas ocasións de gol.

Nada máis comezar esta segunda metade, Lucas avisaría cun disparo que se iría fóra por pouco. Pronto daría a réplica o equipo visitante pero Basti enviaría o balón por riba do longueiro no man a man con Suso.

Co paso dos minutos, o partido foi collendo unha dinámica monótona na que predominou o centrocampismo e as oportunidades para ambos equipos foron contadas.

Pero aparecería o sorprendente Figueroa para internarse na área e servirlle o balón en bandexa a un Basti que faría o terceiro para os seus cun remate que entraría chorando no portería de Suso.

A partir desto, o Corme arriscou un pouco máis en busca do gol pero en ningún momento conseguiu inquedar a seria defensa do Soneira.

E, de novo, Suso tería que salvar aos seus tras un centro de Darío que cabeceou Basti e cando xa se cantaba o gol, o gardameta cormelán faría unha espectacular intervención para evitar o 1-4.

Tras esta ocasión si chegaría o cuarto do Soneira despois dun gran centro de Darío que remata Vía a pracer para introducir o balón no fondo das mallas.

Antes do pitido final, Nazo puido facer máis fonda a ferida tras un gran pase interior de Darío pero ao xogador soneirán fixoselle pequena a portería ante un inconmensurable Suso que sacou un pé providencial para evitar o gol.

E, antes de que o colexiado sinalase o final do encontro, o Corme levaría outro duro mazazo coa lesión do seu goleador Alejo nunha xogada fortuita co soneirán Maikel.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos