Casi todo o fútbol costeiro en marcha

Co comezo da Primeira Rexional e da Liga da Costa, ademáis da disputa da 3ª xornada na Terceira División e na Preferente Norte xa temos actividade en case todos os campos de fútbol da Costa da Morte, a excepción da peculiar Terceira Autonómica que dará o pistoletazo de saída dentro de dúas semanas.

David Castro (@DavidCastro27)  Fotos: Twitter @AROSASCOFICIAL, Fin Lema e UD Cerqueda

Na Terceira División, o Bergantiños visitaba a coñecida como A Bomboneira da categoría, A Lomba, un campo no que sempre é difícil sacar algo positivo tanto pola competitividade do Arousa e por todo o que apreta o numeroso público arousán, pero a pesares desto os carballeses foron quenes de poñerse por diante no marcador cun tanto de Álex Pérez, e incluso puido aumentar a súa renda cunha clara ocasión do propio dianteiro do Bergan. Pero dous minutos despois desta oportunidade, Sylla nunha xogada un tanto polémica faría a igualada, un gol que fixo xustiza ao que se puido ver sobre o céspede de A Lomba.

Na Preferente Norte, puidemos disfrutar do primeiro derbi costeiro en Fontenla, partido no que se enfrontarían o Xallas FC e o Laracha CF. O equipo larachés sería o gañador dun partido que estivo dominado polo conxunto de Félix García durante os primeiros 65 minutos, pero tras o 0-2, obra de Miguel Taibo no minuto 67, o Xallas dou un paso ao frente e recurtaría distanzas no marcador cun tanto de Kevin e incluso, no tramo final, contou con varias e claras ocasións para facer a igualada, que finalmente non chegaría.

Mentres tanto, o outro equipo da Costa da Morte, o Dumbría, empataba na casa co Atlético Riveira nun partido moi disputado e con constantes alternativas. Diego Cespón poñía por diante aos seus, pero os de José Canosa verían como os riveirenses lle daban a volta ao encontro e finalmente Javi poñía o definitivo e merecido empate a dous goles.

Dúas victorias, dous empates e dúas derrotas é o resumo da xornada dos nosos na Primeira Autonómica. 

O Soneira, un equipo a ter moi en conta nesta tempada para o ascenso, é o primeiro líder da competición tras golear a domicilio ao recén ascendido Val do Ulla con dous goles de Basti, un de Vía e outro de Martín.

O outro conxunto costeiro que sumou os tres puntos foi un renovadísimo Malpica, ao que lle bastou un solitario gol de Charro no primeiro minuto de partido para superar ao Carcacía, outro dos novos equipos da categoría.

Tamén sumaron, aínda que só un punto, o Baio e o Corme. Os baieses non foron capaces de mover o marcador inicial ante o Piloño debido a que non foron capaces de materializar as ocasións coas que contaron.

Mentres que os cormeláns vían como se lle escapaba a victoria no último minuto de partido na súa visita ao Lino Balado cunha xogada un tanto desgraciada, na que Pandi, en propia porta, facía o definitivo empate a dous goles nun encontro no que os azulóns incluso fallaron unha pena máxima.

E por último, o debutante Outes e o Sofán caían derrotados polo mínima nas respectivas visitas, a Rianxo e a Padrón. O Unión de Asados foi capaz de remontar o tanto inicial do outense David para que os tres puntos se quedasen en As Vilas. Por outra banda, os sofanistas caeron derrotados ante un sempre difícil Flavia, equipo ao que se lle puxo o partido moi pronto de cara con dous goles nos primeiros quince minutos.

Na Liga da Costa, o Buño é o primeiro líder da competición tras golear ao Volantes de Baño en Xaviña, nunha primeira xornada na que non houbo ningún empate e na que se marcaron un total de 33 goles.

O Sporting Zas, que aspira a todo, goleaba a un recén ascendido como é o Coristanco, mentras que outro equipo que debutaba na competición, o Ameixenda, facía o propio cun renovadísimo Carnota.

O mesmo resultado que os da parroquia ceense era o que acadaba o San Lorenzo de Verdillo no encontro que o enfrontaba ao novo Cee de Alfredo Cambeiro.

Por outra banda, dous dos candidatos ao título de liga como son o Baíñas e o Castriz vencían nos seus respectivos campos por 3-1 ao Camariñas e ao Cabana.

Mentres que o Ponteceso vencía no Pinguel por 2-0 á recén descendida Esteirana, idéntico resultado ao que acadaba o Fisterra no Ara Solís ante o campión de Terceira Autonómica da pasada tempada, a UD Cerqueda, un equipo que pese a derrota dou unha boa imaxe.

E, por último, o Mazaricos viuse superado pola mínima na súa visita á Grixa, na que un solitario gol de Brais Grela foille suficiente ao Porteño para sumar os seus primeiros tres puntos.

TERCEIRA DIVISIÓN (3ª Xornada)

Arousa SC 1 – 1 Bergantiños CF

PREFERENTE NORTE (3ª Xornada)

Xallas FC 1 – 2 Laracha CF

CF Dumbría 2 – 2 Atlético Riveira

PRIMEIRA AUTONÓMICA (1ª Xornada)

Val do Ulla UD 0 – 4 Soneira SD

SCD Malpica 1 – 0 SD Carcacía

Sigüeiro CF 2 – 2 Corme CF

CD Baio 0 – 0 SD Piloño

CD Unión 2 – 1 Outes CF

Flavia SD 2 – 1 SD Sofán

LIGA DA COSTA (1ª Xornada)

Buño SCD 7 – 3 Volantes de Baño FC

SD Coristanco 0 – 4 Sporting Zas

SD Ameixenda 3 – 0 UD Carnota

SD San Lorenzo 3 – 0 UC Cee

SD Castriz 3 – 1 Cabana SD

CD Baíñas 3 – 1 Camariñas FC

Ponteceso SD 2 – 0 SD Esteirana

SD Fisterra 2 – 0 UD Cerqueda

CF Porteño 1 – 0 Mazaricos CF

Artículo anterior
Artículo siguiente

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos