O xuvenil do Corme, Sergio Sueiro, doulle unha importante victoria aos seus con dous goles psicolóxicos no comezo de ambas partes do encontro, nun partido no que debutou co equipo senior cormelán, o cadete Samuel Costa.
David Castro (@DavidCastro27)
Corme CF: Javi, Adolfo, Diego, Toniño, Alejandro, Sergio Sueiro, Brais, Lucas, Adrián Doldán (Josiño m.28) (Brais Torrado m.80), Juan Chans (Samuel Costa m.84), Alejo (Manu Bermúdez m.89) e Lucas.
SD Sofán: Lerma (Bugy m.73), Sito, Javi (Leilán m.58), Félix, Rubén, Diego Maneiro (Eloy Boedo m.79), Pablo Martínez (Cristian Méndez m.53), Míchel (Bertín m.46), Luis, Iván Rojo y Raúl.
Goles: 1-0 m.2: Sergio Sueiro; 2-0 m.49: Sergio Sueiro.
Árbitro: Casanova Vázquez (Colexio coruñés). Amonestou a Lucas, Josiño, Alejo, Toniño e Sergio Sueiro por parte del Corme e aos visitantes Míchel, Félix e Cristian Méndez.
Campo: O Cairo (Corme). Uns 250 espectadores.
Partido moi disputado e con numerosas ocasións para ambos equipos nun encontro no que os cormeláns quixeron levar a batuta do partido ante un Sofán moi serio en defensa e que intentaba facer dano á contra. Adiantábanse os homes de Lentejo nunha xogada a balón parado na que Sueiro introducía o esférico ao fondo das mallas logo dun bo centro de Lucas.
Tras o 1 a 0, os visitantes contarían con dúas ocasións casi consecutivas para acadar o empate pero primeiro Javi e logo o pau evitarían que Raúl vise portería. No minuto 16, chegaría a primeira xogada polémica do partido cando os locais reclamaron un posible penalti sobre Juan Chans.
Tras esto, o Sofán tería outra ocasión para empatar o encontro pero Iván Rojo perdonaría no man a man con Javi. Pero reaccionaría o Corme tras cinco minutos nos que os de Josito lle puideron dar a volta ao encontro e responderían con dúas boas ocasións de gol, primeiro Alejo, tras un gran pase de Toniño, envía o balón a rentes do pau no man a man con Lerma e pouco despois, Lucas, cun libre directo, fai que o gardameta do Sofán se teña que empregar a fondo para evitar o 2-0.
A falta de once minutos para o final, Brais a piques está de sorprender a Lerma con un potente disparo dende a frontal que se vai desviado por pouco. E pouco despois desto, chegaría a segunda xogada polémica do encontro logo de que o colexiado anulase un gol ao Sofán por fóra de xogo de Félix, mentres que os visitantes reclamaban que o esférico xa entrara na portería cormelana antes do sinalado polo árbitro.
Antes de poñer rumbo aos vestiarios, Iván Rojo cun lanzamento de falta, moi protestada polos locais, estivo a piques de facer a igualada pero o esférico repeliuno o longueiro,
Á volta dos vestiarios, como xa sucedera na primeira metade, Sergio Sueiro, tras unha acción personal de Juan Chans, recibe o balón na frontal da área para sacar un disparo que sorprende a Lerma tras tocar en un defensa. O partido seguiría o seu transcurso e Lucas puido facer o terceiro e sentenciar o encontro no minuto 57, pero a súa vaselina encontraríase co longueiro.
A partir desto, o encontro pasaría por un treito de transición no que ningún dos dous equipos crearía perigo en área rival ata os minutos finais, donde de novo, Lucas puido facer o 3 a 0, pero Sito estivo moi rápido para evitar o remate do 10 cormelán con Bugy xa batido. Pouco despois, Raúl puido recurtar distanzas á saída dun córner pero o seu cabezazo foise a rentes do pau.
E no minuto 90, o cadete Samuel, que debutaba co equipo senior, puido facelo con gol pero Bugy estivo moi atento e moi rápido para evitalo no man a man. E na continuación da xogada, Leilán envía o esférico ao longueiro cun centrochut que a piques estivo de sorprender a Javi.


