Javier Vilas, Sara Pensado, Agustín Agra, Julia Sande, Edurne Sande e Israel Martínez, gañadores desta primeira edición.
O multiusos de Santa Comba acolleu a entrega de premios do certame «Reversos».A concelleira de cultura, Patricia Val Antelo, exerceu como mestra de cerimonias, apoiada na organización pola técnica Maribel Barreiro, nun acto austero, dinámico e emotivo. Sen moitos recursos materiais pero co máis importante: ilusión e imaxinación.

Un evento amenizado por tres voces poéticas xalleiras: Eva Campos, Regina Muñiz e Manuel Durán, que leron poemas propios e textos das persoas premiadas. Non o tivo sinxelo o xurado, formado por Arantza Portabales, María Lema, Isabel Ares, Xosé Manuel Lema e Maica Gorgal.
Patricia Val non ocultou a súa satisfacción pola alta participación e tamén pola participación de autores do municipio: «En Santa Comba temos canteira», sinalou, expresando o seu desexo de que esta iniciativa teña continuidade.
«Reversos» naceu como unha flor, tan fermosa como necesaria, que entre todas deberíamos de coidar, para orgullo da nosa terra e da nosa cultura.

PREMIAD@S CERTAME REVERSOS
Poesía
Categoría Infantil
1º Premio – Julia Sande Barreiro
2º Premio – Alba Lado Riveiro
Accésit – Ainara Calvo Vázquez, Daniela Castro Rosende, Martina López Maroñas e Kevin Velo López.
Categoría Xuvenil
1º Premio – Edurne Sande Rial.
2º Premio – David Negreira Martínez.
Accésit – Saray Recarey Lema, Sara Souto Ferrol.
Categoría Adultos
1º Premio – Israel Martínez Veiga.
2º Premio – Manuel López Rodríguez.
Accésit – Clara Vidal, Sergio Martínez Calvo, Fátima Canosa Pena, Patricia Pose Duarte.
Relato breve
Infantil
1º Premio – Javier Vilas Suárez.
2º Premio – Carla Porteiro Antelo.
Xuvenil
1º Premio – Sara Pensado Blanco.
2º Premio – Laura González Guillín.
Accésit – Adriana Tasende Blanco, Noa Porteiro Antelo.
Adultos
1º Premio – Agustín Agra.
2º Premio – M.ª Carmen Caamaño López.
Accésit – Francisco Javier Fernández Davila, Pedro Rielo Lamela.




