“Enmarañando”: novo disco de Folk On Crest

“Enmarañando” é o título do novo disco do grupo Folk On Crest, grupo ao que pertence a artista xalleira Yoli Río.

Sobre o novo lanzamento falou en Radio Xallas, Yoli Río:

«A palabra ‘enmarañar’ significa enredar, revolver, e iso é o que facemos: revolvemos en cancioneiros de música tradicional, en recompilacións e na propia memoria da xente, para logo volver elaboralas nun repertorio co que nos identificamos hoxe en día».

Entre as cancións do grupo salmantino hai unha canción en galego «Veño ou vou?»:»Non podía faltar unha canción en galego, é unha seña de identidade do grupo. Levabamos anos escoitando esa versión a Xoel López e, cando fomos gravala, descubrimos que en realidade era unha canción popular de Magín Blanco».

Entrevista a Yoli Río en Radio Xallas

O disco físico pode adquirirse nos concertos do grupo, Centro Galego de Salamanca ou no Bar Macondo da mesma cidade.

A banda tocou en dúas ocasións no Festival de Ortigueira e non oculta a ilusión que lles faría actuar en Galicia. Polo momento teñen en axenda un par de festivais na zona de Salamanca e a participación no Bavieca Folk de Burgos.

Yoli Río amosouse contenta co resultado deste novo traballo discográfico que colle o relevo de “Somos”.

Enmarañando, que se pode escoitar nas plataformas dixitais, consta de nove temas:“Lares”, “Ajechao”, “Astyr”, “La Tortolita”, “Cantares de Molino”, “Ay Morena!”, “Dime dónde vas”, “A la luna” e “Veño ou vou?”.

Vídeo de «La tortolita»- Folk On Crest

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos