El Nido, Baiuca e David Pasquet animaron a primeira noite da Festa da Carballeira 2026

A 41ª edición da Festa da Carballeira de Zas deu comezo este venres cunha masiva acollida de público no seu espazo natural, reafirmándose un ano máis como a gran cita do folk e da música de raíz en Galicia.

Antes do inicio dos concertos, o público puido gozar da volta de Lupe Blanco á Carballeira, que regresou para presentar esta edición do festival e puxo a todos os asistentes a ruxir co tradicional berro de «Ei Carballeira!».

Del Nido

A programación arrancou pasadas as 22:30 horas coa proposta dos burgaleses El Nido, que abriron a noite coa súa orixinal revisión do folclore ibérico, combinando os sons tradicionais de Castela e León con matices pop e un marcado carácter festivo. O grupo animouse ademais a tocar un tema xunto ao público, poñendo a cantar e bailar a toda a Carballeira.

Un dos momentos máis agardados da xornada chegou coa entrada en escena de Baiuca. O proxecto galego volveu demostrar a súa forza en directo cun espectáculo potente e visual onde a electrónica de vangarda e a tradición musical puxeron a bailar a todo o recinto.

Baiuca

A recta final no escenario principal correu a cargo do músico bretón David Pasquet, quen mantivo o ritmo da Carballeira de madrugada cunha enérxica proposta que uniu o son característico da bombarda cos ritmos electro.

Hoxe sábado: o día grande da Carballeira de Zas

Tras esta primeira xornada de éxito, A Carballeira de Zas vive hoxe o seu día principal. Desde o mediodía e ata ben entrada a madrugada, o recinto acolle máis de doce horas de programación con espectáculos familiares, música tradicional, foliada e os grandes concertos da noite.

Nota de prensa- Organización Festa da Carballeira de Zas

David Pasquet na Carballeira de Zas

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos