Xullo cultural en Dumbría

Dumbría presenta unha programación cultural de verán con teatro, contacontos, música e actividades familiares durante o mes de xullo

O Concello de Dumbría, a través da súa área de Cultura, organiza durante o mes de xullo unha programación de actividades dirixida a públicos de todas as idades, cun calendario que combina teatro, narración oral, espectáculos familiares, música tradicional, exposicións e obradoiros en diferentes localidades do municipio.

Títeres

A programación arrancará o martes 7 de xullo coa apertura dunha exposición no centro sociocultural do Conco, que poderá visitarse ata o día 10 en horario de 10.00 a 13.30 horas. Nesas mesmas datas, a Asociación Morra o Demo impartirá un obradoiro de títeres para persoas adultas, con reserva previa de praza, ademais dun videofórum tamén destinado ao público adulto. O programa inclúe igualmente unha sesión de Títeres: Barriga Verde prevista para o xoves 9.

As actividades continuarán o sábado 11 coa Foliada das Neves, en Buxantes, a partir das 19.00 horas, coa participación da Asociación Recreativa e Cultural Fonte Santa e dos Gaiteiros Buxantes.

A programación infantil terá un peso destacado durante o mes. O martes 14, Babaluva Teatro representará A filla do Cacharulo, un espectáculo de monicreques no Conco ás 11.00 horas. Tres días despois, o venres 17, Carmen Domech ofrecerá a narración oral Petróglifos, tamén no Conco e á mesma hora.

Festa da Familia en Berdeogas

O domingo 19 celebrarase en Berdeogas a Festa da Familia. Pola súa banda, os campamentos infantís acollerán o martes 21 a representación teatral Máis Saaabor, da compañía Culturactiva, e o mércores 22 o contacontos Hamelin, tamén a cargo da mesma entidade. Ambas actividades desenvolveranse ás 11.00 horas.

Na recta final do mes, o domingo 26, Olveiroa será escenario do espectáculo familiar Cruunch 2, da compañía Muu, previsto para as 20.00 horas. O programa concluirá o xoves 30 coa proposta A Corva, un contacontos musical de A Cova das Letras, que terá lugar no Conco ás 11.00 horas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos