Homenaxe a Fernando Cabeza Quiles e recital poético de Modesto Fraga. O Foro Espiral Maior de Carballo acolle esta fin de semana dous actos de certa relevancia.
Este venres, 19 de xuño, o poeta fisterrán Modesto Fraga ofrecerá un recital desde as 20:00h. Presentarán o acto Miguel Anxo Fernán Vello e Santiago Pazos.
E o sábado, ás 11:30 h., baixo o título “O sabio de nós”, terá lugar un acto de memoria e homenaxe pública ao escritor, profesor e investigador recentemente falecido Fernando Cabeza Quiles.

Participarán no acto de homenaxe a Cabeza Quiles o escritor e avogado Xosé Antonio Andrade, a mestra e filóloga Lucinda Andrade Cives, a profesora e escritora Tareixa Roca, o sociólogo e crítico teatral Santiago Pazos, o escritor Fernando Cabeza Pereira, fillo do homenaxeado, e o escritor e director de Espiral Maior Foro Miguel Anxo Fernán Vello,
No acto haberá unha exposición de todos os libros publicados por Cabeza Quiles ao longo de máis de 30 anos, e realizarase unha lectura pública de fragmentos da súa última obra publicada, “Defuntos e santos inocentes”.


