Festas en Santa Comba a ritmo de Panorama City, La Fórmula, Los Españoles e Finisterre

A comisión de festas de Santa Comba presentou o seu cartel de festexas para celebrar o Corpus, San Xoán e as Festas Patronais de San Pedro.

Corpus Christi e San Xoán

A programación arrancará o domingo 7 de xuño coa misa e procesión do Corpus Christi, acompañadas pola actuación dos Gaiteiros da Baña e unha sesión vermú e tardeo con Laura Añón, JJ Compota e Ángel Sevilla. A xornada rematará coa actuación da disco móbil Full e DJ Expósito.

As actividades continuarán o martes 23 de xuño coa tradicional sardiñada de San Xoán, seguida dunha cacharela e dunha verbena coa disco móbil CDC.

Pregón coas Gandeirías do Xallas

O venres 26 celebrarase unha foliada coa Asociación Cultural Axio Mouro e o pregón das Gandeirías do Xallas. Pola noite haberá verbena coas formacións La Fórmula e Macro CDC.

Sábado con Panorama city e Fuego

O sábado 27 de xuño contará con pasarrúas da charanga Os Celtas, sesión vermú coa propia formación e actuación da orquestra Fuego.

Ademais, ás 18.00 horas disputarase en Fontenla o encontro entre unha selección de Veteranos do Xallas F.C. e as Lendas do Real Madrid C.F. en homenaxe a Doro.

Pola noite celebrarase unha verbena coas orquestras Fuego e Panorama City, ademais da disco móbil CDC.

Máis festa en Santa Comba

O domingo 28 incluirá misa para toda a parroquia, pasarrúas cos Cabezudos Papamoscas e Santa Combers e sesión vermú, tardeo e verbena coa formación Los Españoles e a disco móbil Impacto.

O luns 29 haberá pasarrúas co Grupo de Gaitas Santa Combers, misa e procesión na honra a San Pedro e sesión vermú co grupo M3-Show. A verbena estará protagonizada pola orquestra Finisterre e o grupo M3-Show.

As festas rematarán o martes 30 de xuño cunha misa na honra a San Antonio e unha sesión vermú co Trío Alborada.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos