Celtia Figueiras: “O que transmiten os títeres queda gravado a lume”

A Xanela do Maxín chega este sábado a Santa Comba co espectáculo “A gran viaxe das letras até Begoña Caamaño”. Unha compañía con case dúas décadas de traxectoria cunha obra que representa “un percorrido pola historia das nosas letras desde Rosalía de Castro até Begoña Caamaño”, explicou a actriz Celtia Figueiras nunha entrevista en Radio Xallas.

A Xanela do Maxín propón “unha viaxe na máquina do tempo moi divertida”, homenaxeando a Begoña Caamaño na compaña de Eduardo Pondal, Álvaro Cunqueiro ou Manuel María.

“É un espectáculo participativo: caracterizamos o público, cantamos, bailamos… é unha festa do teatro”, comentou Figueiras, que outorgou moita relevancia aos monicreques no obxectivo de poder acomodar tanto contido nun formato de entretemento: “O que transmiten os títeres queda gravado a lume. Eles teñen moita culpa de todo isto”.

“A gran viaxe das letras até Begoña Caamaño”

  • Sábado, 23 de maio
  • 17.00 horas
  • Auditorio do Edificio Multiusos
  • Entrada gratuíta até completar a capacidade
  • Convites dispoñibles en Entradium

ENTREVISTA A CELTIA FIGUEIRAS EN RADIO XALLAS

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos