O CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba celebrou o Día das Letras Galegas cun completo acto desenvolvido no auditorio do Multiusos.
O acto serviu para homenaxear a Begoña Caamaño, lembrando parte da súa vida e do seu importante legado para a literatura e a defensa da identidade galega.
Exerceu como mestra de cerimonias a regueifeira Lupe Blanco e contouse coa actuación do popular artista xalleiro Lg1do, que segue colleitando éxitos cos seus temas.
Tamén houbo unha actuación das Pandereteiras de Arcos, do concello de Mazaricos, así como de varias alumnas e alumnos do centro xalleiro.
Ademais, homenaxeouse o finado profesor Fernando Pintos, ao que se lle agradeceu “todo o cariño, dedicación e compromiso co noso cole e coa cultura galega”.
Houbo dous pases.



