A banda Tálesien entre os finalistas dos Premios Martin Códax 2026

A veterana banda bergantiñá Tálesien está entre os tres grupos finalistas da categoría Metal dos prestixiosos Premios Martín Códax da Música.

Recentemente estrearon o visualizar do seu novo tema “Volver” que é a primeira canción gravada en galego polo grupo formado por Javi García (vocalista), Juan Carlos Cotelo e Manu Brandariz (guitarras), Isma Vidal (teclados), Iván Couto (batería) e Jorge Sobrino (baixo).

“Estamos moi contentos por ser finalists e esperamos contar co apoio da xente” comentouJuan Carlos Cotelo, en referencia á fase de votación que acaba de iniciarse. Ligazón para votar.

Finalistas XIII Premios Martín Códax

Os Premios Martín Códax da Música deron a coñecer os finalistas da súa 13ª edición, que se celebrará o vindeiro 27 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra, cun total de 57 artistas e proxectos seleccionados nas distintas categorías.

A relación de finalistas, escollidos polo xurado, inicia agora a fase de votación antes da gala final.

Na categoría de Metal e Heavy figuran Urko, Keepers e Tálesien; mentres que en Canción de Autor/a compiten Antía Muíño, Sangre de Muérdago e Zeltia Irevire.

En Blues, Funk e Soul están Sabela Cereijo, Allo Negro e Guilherme Zapata; en Electrónica, Galician Army, Kike Varela e Loch; e en Rock e Punk, Loita Amada, Broken Peach e Stoned at Pompeii. En Músicas Urbanas optan ao premio Hugo Guezeta, Habló Pablo e Lumedollop.

Na categoría de Orquestras, Grupos e Música de Verbena aparecen Lamatumbá, Orquestra Bravú Xangai e La Fórmula. En Música Clásica e Contemporánea, Alejo Amoedo, Ensemble Alletamento e María Mendoza; e en Jazz e Músicas Improvisadas, Xan Campos “Amorodios”, María Toro e Manuel Cebrián-punctum.

En Pop e Indie están Nadadora, Montedapena e Michu da Rocha; en Músicas do Mundo e Mestizaxe, Lidia India, Marta Vidal e Abril Fado Atlántico; e en Música Infantil, Paco Nogueiras, Ollo Piollo e Golfiños.

No apartado de Folk compiten Abril, Alana e Guezos; en Música Tradicional, Unto Vello, Donicelas e Carapau; en Bandas de Música Popular, a Banda de Música Municipal de Celanova, a Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros e a Banda de Música Xuvenil de Torroso; e en Artista Emerxente, Raze, Lula Mora e Apolo18.

Nos premios Organistrum, que distinguen iniciativas vencelladas á difusión da música galega, en Comunicación e Difusión Musical figuran Galicia en Concierto, A Canle de Rodri Míguez e Fogar dos Festivais; en Festivais, Festival Arteficial, Surfing the Lérez e Festival Alternativo Millo Verde; e en Salas, Sala Capitol, A Fábrica de Chocolate e Krazzy Kray!.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos