Letras Galegas 2026 no concello da Laracha

O Concello presenta a programación municipal que se vai desenvolver arredor do Día das Letras Galegas, neste ano dedicado á escritora Begoña Caamaño, cunha proposta variada pensada para todos os públicos e cun especial protagonismo para as citas centrais desa fin de semana.

Un dos grandes atractivos será o concerto de Mamá Cabra, que terá lugar o sábado 16 de maio ás 18:00 horas na praza Les Sables d’Olonne. O recoñecido grupo galego ofrecerá un espectáculo musical infantil e familiar moi participativo, no que combina ritmos actuais con contidos didácticos, fomentando hábitos saudables e o desenvolvemento psicomotriz a través da música e do movemento.

O domingo 17 de maio, Día das Letras Galegas, desde as 18:00 horas, a praza Les Sables d’Olonne acollerá o espectáculo de música e baile tradicional galegos coas asociacións culturais Santa María de Torás, Arume de Caión e Queiroga de Paiosaco. Este espectáculo, xa consolidado como unha das citas imprescindibles destas datas, pon en valor a tradición cultural galega a través da música e da danza da man das principais entidades culturais do municipio.

Completan a programación unha serie de actividades dirixidas ao público infantil e familiar. O mércores 13 de maio ás 18:00 horas na biblioteca de Caión desenvolverase o contacontos sensorial No monte, de 1 Mar de Cores, unha proposta para maiores de 3 anos e as súas familias que combina narración oral, marionetas e estimulación sensorial en contacto coa natureza.

O xoves 14, tamén ás 18:00 horas, a biblioteca de Paiosaco acollerá o espectáculo, tamén para maiores de 3 anos, A gran viaxe das Letras Galegas, de A Xanela do Maxín, que propón un percorrido pola historia, a lingua e a cultura galega a través das súas voces máis representativas.

O venres 15 ás 18:00 horas, na biblioteca da Laracha, realizarase un obradoiro creativo de fundas e caderno de lectura a cargo de O Faiado de Nin. A actividade require inscrición previa a partir do 11 de maio ás 9:00 horas (en liña ou presencialmente na Casa da Cultura), e está dirixida a maiores de 6 anos empadroados.

No marco da clausura dos cursos do programa municipal de actividades 2025-2026, realizaranse as habituais exposicións dos traballos realizados polo alumnado. A da Laracha poderá visitarse no baixo da biblioteca municipal do 16 ao 19 de maio en horario de 17:00 a 21:00 horas, con inauguración o venres 15 ás 20:00 horas. As de Paiosaco (Centro Sociocultural) e Caión (Oficina de Turismo-Antiga Reitoral) estarán abertas do 22 ao 24 de maio, de 17:00 a 20:00 horas, con inauguración o venres 22 ás 17:00 horas.

Os cursos de teatro concluirán con dúas funcións na Casa da Cultura: o sábado 16 ás 20:00 horas o grupo de adultos representará Operación Barranco, e o domingo 17 ás 12:30 horas o grupo infantil porá en escena O Mago de Oz.

Ademais, o sábado 16 de maio celebrarase a tradicional Festa Homenaxe aos nosos maiores, dirixida a persoas empadroadas maiores de 55 anos, xubiladas ou pensionistas. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 12 de maio e debe formalizarse no Edificio Administrativo da Laracha, cun prezo de 15 euros para empadroados e de 30 euros para acompañantes non empadroados.

Na organización do programa en torno ás Letras Galegas o Concello conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia no marco do programa de dinamización da lectura Ler conta moito para a Rede de Bibliotecas de Galicia, así como da Deputación da Coruña.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos