María Solar presenta «As malas ideas», unha novela sobre o éxito, a vellez e as explosións da vida

A escritora e xornalista galega María Solar presentou no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas a súa nova novela, “As malas ideas” (Xerais), unha obra que combina humor negro, intriga e reflexión social arredor do éxito, o envellecemento e a fraxilidade vital.

Durante a entrevista, a autora explicou que o libro arrinca cunha dobre explosión, unha literal e outra simbólica. O protagonista, Elías, sofre o colapso da súa vida persoal e profesional cando se paraliza a serie na que traballa e, ao mesmo tempo, falece o seu pai. Ao regresar a Ferrol para o enterro, atopa unha sorpresa inesperada: “cando chega a Ferrol, ve que hai unha bomba literal, unha bomba das de dinamita, no faiado da casa de seu pai”.

Solar sinalou que a novela pecha todas as súas tramas e vai máis alá do misterio inicial. “É un libro que, basicamente, aínda que pasan moitas cousas, do que fala é do éxito e da vellez”. Segundo indicou, a obra cuestiona a idea convencional do triunfo profesional e económico para poñer o foco no que sucede cando remata a etapa laboral e comeza a dependencia.

Entrevista a María Solar en Radio Xallas

Unha das personaxes centrais é Merceditas, unha muller de 82 anos que representa a rebeldía fronte ao paso do tempo. A autora definiuna así: “Merceditas é unha vella que está moi cabreada, porque non quere envellecer”. A través dela, a novela aborda tamén a situación das persoas maiores e os coidados familiares.

A escritora relacionou este interese coa súa experiencia persoal. “Eu teño unha nai que ten 97 anos”, afirmou, antes de engadir que tiña “moitas ganas de falar nun libro de todo iso, porque, tarde ou cedo, todos nos vemos aí”.

No plano narrativo, María Solar recoñeceu que busca manter o interese do lector desde o inicio. “Góstame que pasen cousas, que a xente quede pendente dun personaxe, de outro, do que lle vai pasar, que non poida soltar o libro”. Para a autora, “non poder soltar o libro é un éxito tamén”.

Tamén mostrouse satisfeita coa recepción da obra e co contacto cos lectores. “Estou moi contenta”, asegurou, destacando a emoción que lle produce comprobar que o público segue a súa traxectoria e recoñece os personaxes creados.

Na recta final da conversa, reivindicou a lectura pausada nun contexto dominado pola rapidez das redes sociais: “Eu creo que cada vez máis o pouso da lectura e a pausa pois é moi necesario nas vidas”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos