Sonia García afonda no dó en “Donde aún respira su nombre”

A escritora xalleira Sonia García Espasandín irrompe no panorama literario coa súa primeira novela, Donde aún respira su nombre(Amazon), unha obra que afonda nas emocións humanas a través dunha historia marcada pola perda, o amor e as decisións difíciles.

Tal e como explicou nunha entrevista en Radio Xallas, o libro nace dunha reflexión profunda: “Este libro naceu sobre todo dunha reflexión sobre o duelo (dó) e as segundas oportunidades. Sobre todo, como pode afectar o teu pasado a toma de decisións” .

A novela sitúa ao lector na vida de Clara, unha muller que regresa ao seu lugar de orixe para pechar unha etapa marcada pola morte do seu irmán. A partir dese punto, a historia constrúese arredor do proceso de aceptación e da dificultade de avanzar cando o pasado segue presente. “É unha historia sobre o duelo (dó), do amor inesperado e das decisións difíciles que aparecen cando todavía o pasado pesa” .

Entrevista en Radio Xallas

A autora constrúe personaxes cun forte compoñente humano, cheos de contradicións e emocións recoñecibles. Clara representa esa loita interna entre avanzar e quedar ancorada no vivido, mentres que Mateo introduce unha dimensión de cambio e conflito que impulsa a evolución da protagonista.

Lonxe de ser unha obra autobiográfica, García Espasandín define o libro como un exercicio de exploración emocional: “é un proceso de reflexión, de emocións humanas. Sobre todo da pérdida, da culpa, do amor, da capacidade de seguir adiante incluso cando cremos que non podemos” .

Ademais, o proxecto conta cunha vertente solidaria, xa que parte da súa finalidade é contribuír á investigación do cancro de páncreas, engadindo así unha dimensión social ao seu contido literario.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos