10.9 C
Santa Comba
jueves, febrero 12, 2026

Lg1do , O artista de Santa Comba que se abre camiño cantando en galego

O proxecto musical de Lg1do , nome artístico de Saúl Rodríguez Maroñas, un mozo de 17 anos natural de Santa Comba, medra a gran velocidade impulsado polas redes sociais e por unha aposta clara: facer música actual en galego sen complexos. Así o explicou nunha extensa entrevistaa Xosé Manuel Lema en Radio Xallas, onde repasou os seus inicios, o seu proceso creativo e o inesperado éxito acadado nos últimos meses.

Un inicio autodidacta durante a pandemia

A relación de Saúl coa música comezou durante a pandemia. “No 2021 empecei co teléfono, cos cascos do móbil, buscando bases en YouTube e escribindo letras”.

No 2025 decide difundir o seu primeiro tema en galego:“É o meu idioma, é moito máis fácil expresarse no que falas no día a día”, explicou.

‘Frente a frente’, o tema que marcou o cambio

O primeiro tema en galego, “Frente a frente”, marcou un antes e un despois. A canción, cunha temática de desamor e unha sonoridade próxima ao bolero e aos ritmos latinos, conectou rapidamente co público.

Subín un vídeo a TikTok por probar e ao día seguinte tiña 50.000 visitas”, lembrou. En poucas semanas, o tema acadou cifras que o propio artista cualificou de impensables, sumando unhas 200.000 reproducións en Spotify.

Un proceso creativo intuitivo

No plano creativo, Lg1do traballa sempre a partir da música. “Primeiro escollo a instrumental, e a partir de aí van saíndo as melodías e a letra”, explicou. As bases son adquiridas a produtores, xa que aínda non compón a música, e o proceso continúa de maneira intuitiva, gravando ideas no móbil cando aparece a inspiración.

Música, estudos e fútbol

A pesar do éxito, mantén os pés na terra. Compaxina a música cos estudos de segundo de Bacharelato e xoga ao fútbol no Xallas FC de Santa Comba. Destacou o apoio da súa familia desde o primeiro momento.

O galego como aposta de futuro

En canto ao futuro, o artista xalleiro non pecha portas nin idiomas, aínda que defende con convicción a súa elección actual. “O galego é tan válido como o castelán ou o inglés para facer música”, afirmou, lembrando que moita xente escoita cancións en idiomas que non entende.

Con novos lanzamentos previstos a curto prazo e unha audiencia en crecemento constante, Lg1do vive este momento como un inicio. “Se se ten que dar, darase. A música é para desfrutar”, resumiu. Unha filosofía sinxela para unha carreira que, por agora, xa comezou a soar forte desde Santa Comba.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos