11.4 C
Santa Comba
domingo, febrero 1, 2026

A Fundación Alfredo Brañas traducirá ao galego «El Regionalismo»

A Fundación Alfredo Brañas anunciou esta semana o inicio dos trámites para traducir ao galego El Regionalismo, unha das obras fundamentais do autor, coincidindo co peche dos actos do seu 125 cabodano.

O anuncio realizouse no Auditorio de Carballo durante a Conversa sobre a vida e obra de Alfredo Brañas, un encontro no que participaron o presidente da Fundación, Juan Andrés Bayón; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; e as profesoras da USC Belén Trigo e Rocío Carolo, baixo a moderación de Carmen Pomar.

Valentín García destacou “a fascinación que Brañas levantou na súa época en moitos ámbitos da sociedade galega, sendo escritor, pensador, xurista, político e profesor”, subliñando tamén a súa transcendencia máis alá de Galicia.

Pola súa banda, Belén Trigo definiuno como un inconformista e salientou que “a súa contribución transcende do xurídico”, mentres que Rocío Carolo lembrou o recoñecemento que obtivo de figuras como Castelao, Ramón Piñeiro ou Curros.

Na clausura, Juan Andrés Bayón sinalou “a importancia que ten Brañas nos nosos días, onde parece que se prima máis a forma que o fondo”, definíndoo como un intelectual “sempre con argumentos ben fundamentados e coa defensa dunha Galicia próspera dentro dunha España próspera”.

A Fundación continuará a súa actividade divulgativa ao longo de 2026 por distintos puntos de Galicia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos