O poeta e escritor fisterrán Modesto Fraga Moure anunciou que deixa de participar en calquera actividade cultural ou literaria na súa vila natal, Fisterra, como mostra do seu profundo malestar coa política cultural municipal.
Nun comunicado público, Fraga Moure afirma que tomou esta decisión ao constatar que “nin a cultura en xeral nin a literatura en particular teñen o máis mínimo interese para a clase política municipal”, asegurando que este é “absolutamente ningún”.
O escritor considera que Fisterra “merece gobernantes á altura da historia e do prestixio desta milenaria vila”, á que define como principio e final do Camiño de Santiago e referente da cultura occidental.
Tras máis de tres décadas de creación literaria ininterrompida, Fraga Moure expresa a súa preocupación polo que considera un progresivo ninguneo institucional cara a Fisterra, malia o seu peso histórico e simbólico. Como exemplo, cita o último foro internacional do Camiño Fisterra-Muxía, no que, segundo denuncia, a vila foi “unha mera comparsa”.
O comunicado conclúe cunha frase de Castelao: “Mexan por nós e din que chove”, e cunha mensaxe clara: “Eu baixo do barco”.
Este é o comunicado público completo do recoñeciedo poeta fisterrán.
FOTO- Facebook- Víctor Hugo


