9.7 C
Santa Comba
sábado, enero 31, 2026

Fin de semanal musical en Mazaricos

O Concello de Mazaricos ofrece este próximo fin de semana unha programación musical diversa coa celebración de dous eventos culturais de entrada gratuíta no Auditorio da Casa da Cultura da Picota: o tradicional Concerto de Nadal da Escola de Música Moderna e o concerto do grupo folk Tres Pesos.

Programación musical

•Sábado 20 de decembro ás 12:00 horas:

Concerto de Nadal da Escola de Música Moderna de Mazaricos, onde o alumnado mostrará os seus progresos cun programa musical variado e cheo de entusiasmo.

•Domingo 21 de decembro ás 17:00 horas:

O grupo Tres Pesos (formado por Xoán Porto, José A. Ferreira e Felisa Segade) presentará o seu espectáculo «Contares e Cantares», un viaxe pola esencia musical galega que combina tradición oral e melodías populares.

Dúas propostas, un mesmo compromiso coa cultura

O Concerto de Nadal da Escola de Música Moderna supón a culminación do traballo desenvolvido polo alumnado durante o primeiro trimestre do curso, nun acto que se converteu nunha tradición nestas datas festivas no concello.

«É un orgullo ver como os nosos alumnos e alumnas van medrando musicalmente e poden mostrar en público o froito do seu esforzo», sinalou o técnico de Cultura, Suso Jurjo.

Pola súa parte, o concerto de Tres Pesos recupera o vínculo coa tradición oral galega. O grupo, que conta coa participación de Felisa Segade -membro do desaparecido grupo Leilía e antiga profesora de baile e pandeireta en Mazaricos-, propón unha reflexión musical sobre a identidade galega a través de cantigas e relatos tradicionais.

Acceso gratuíto

Ambos eventos terán entrada libre e gratuíta ata completar o aforo do auditorio. Dende a organización recoméndase acudir con antelación para garantir a praza.

Nota de prensa Concello de Mazaricos

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos