10.3 C
Santa Comba
domingo, febrero 1, 2026

As Xaviñanas participan na banda sonora da película “Me has robado el corazón”

O grupo de pandereteiras As Xaviñanas, de Corcubión, dá un novo paso na súa traxectoria artística coa súa participación na banda sonora da película Me has robado el corazón, producida por Ficción Producciones e baseada nunha idea orixinal do pontevedrés Alberto Arruty.

A estrea en Galicia terá lugar este martes 9 de decembro, ás 19:00 horas, no Museo de Pontevedra.

A música do filme está realizada pola compositora Zeltia Montes, gañadora do Premio Goya 2022 pola banda sonora de El buen patrón. Para esta nova longametraxe, Montes contou coa colaboración de As Xaviñanas na interpretación da canción orixinal composta especificamente para o filme, un dos temas centrais da produción.

“As Xaviñanas” subliñan que esta colaboración supuxo “un enorme orgullo” e unha experiencia “inesquecíbel, moi positiva e tremendamente motivadora”. As integrantes destacan tamén que lles permitiu explorar rexistros diferentes á música tradicional:

Neste 2024, Ano das Cantareiras, o grupo participou tamén no proxecto Transmisión da lingua na poesía popular, impulsado pola Universidade Popular en colaboración coa Deputación da Coruña. Grazas a esta iniciativa actuaron en distintos concellos da comarca, reivindicando o saber popular transmitido oralmente e o papel fundamental da muller na preservación da tradición.

Ademais, As Xaviñanas están inmersas na gravación do seu primeiro disco, no que recollen parte do repertorio que foron desenvolvendo ao longo dos últimos anos.

Formado por Uxía, Lena, Loaira e Candela, o grupo toma o seu nome das mulleres de Corcubión rexistradas polo etnomusicólogo Alan Lomax nos anos 50, figuras chave na conservación da música e da poesía popular a través do canto e da pandeireta. As catro mozas continúan hoxe ese legado, adaptándoo e difundíndoo entre novos públicos.

Nos últimos anos, As Xaviñanas obtiveron importantes recoñecementos en concursos de música e baile tradicional, como os premios de Xacarandaina e Xiradela, participaron no vídeo promocional dos Concellos da Costa da Morte presentado en FITUR 2024 e colaboraron recentemente co grupo vigués Abril.

Coa súa participación en Me has robado el corazón, As Xaviñanas consolidan a súa presenza na escena musical galega e reafirman o papel das novas xeracións na continuidade e renovación da tradición.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos