A magnífica viaxe do “Cancioneiro Galego Serodio 1989-2012”

O “Cancioneiro Galego Serodio 1989-2012” é un proxecto do músico e investigador Xabier Díaz no que se recolle unha parte significativa do patrimonio oral galego das últimas décadas.

Como sinala o autor, Xabier Díaz, é “unha viaxe polo país das mil muiñeiras”. A obra preséntase en formato libro acompañado dun CD. Nel reúnense arredor de 600 coplas seleccionadas entre máis de 1.500 rexistradas, así como 45 gravacións de campo realizadas en distintas localidades galegas. Ademais dos textos e músicas, inclúe fotografías, lembranzas e pequenas historias que contextualizan a vida das persoas informantes, mulleres vencelladas ao medio rural.

Xunto ao traballo minucioso de Xabier Díaz, as informantes son un auténtico tesouro. E teñen nomes propios:Concepción Mouro (San Salvador-Santa Comba), Benjamina Carreira(Arcos), Julia Pensado Paredes(Val do Dubra), Teresa Barizo (Vilanova de Santiso-Malpica), Consuelo dos Queixos(Berdillo-Carballo), Lola Sánchez e Lola Cancela(Oca-Coristanco), Arminda Varela (Rebordelos-Carballo), Rosalía Miras (Santa Baia de Castro-Coristanco), ou Olimpia Puente (Montemaior-A Laracha). E hai máis, nas catro provincias galegas.

140 páxinas que nos fan sentir o repinicar das pandeiretas, as coplas que beben nas fontes da historia e agroman as gorxas destas nosas cantareiras.

Se xa as letras e as fotografías fannos sentir unha vibración musical máxica, temos un CD para rematar esta “viaxe magnífica”. “Maneo de Silván”, “ Pasodoble de Corcoesto”, ou a “Muiñeira do Couto”. Que non pare esta foliada !!

A edición do “Cancioneiro Galego Serodio 1989-2012” contou coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña e da empesa Deleite.

Unha das informantes e amigas de Xabier Díaz é a «nosa» querida Concepción Mouro, que nos recibiu no seu fogar no ano 2022

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos